Bastou un día (o primeiro deste curso para a señorita Kaplan) para que o castelo de area dos Reis Magos se viñese abaixo arrastrando consigo o iglú (ou o que queira que sexa) de Papá Noel e até a caixa de galletas que unha vez habitou o Rato Pérez.
Ao parecer, en cuarto de primaria un xa é grande de máis para crer en certas cousas e, aínda que a señorita Kaplan tiña xa as súas sospeitas (iso de que os pais deixásemos que un rato se metese no cuarto e fosgallase baixo da almofada dos nenos para levarlles os dentes era especialmente raro), agora os brutos de quinto encargáronse de disipalas para sempre. Kaput.
4 comentarios:
Las niñas y niños de hoy están acostumbrados a ficciones mucho más sofisticadas. No se les engaña tan fácil.
Ainda me lembra o "trambolhão" que foi saber que não existia Pai Natal!!
Também soube na escola. Mal cheguei a casa fui perguntar se era verdade...
Esa e unha das peaxes que hai que pagar pola socializacín. Hai xente que di que é malo para os nenos crer nesas cousas: para min foi maravilloso e,´as veces ainda creo...
Uf, aínda me acorda a primeira vez que mo dixeron a min e como me neguei a descrer. Até que algún ano despois aínda por fin asumín que era certo que era mentira.
E si, para min tamén era unha marabilla crer.
Publicar un comentario