Unha consecuencia de estudar nunha escola masculina, cocéndonos durante horas naquela disciplina rancia, nas nosas incipientes hormonas e na nosa propia estupidez, era a necesidade que tiñan algúns de iren á saída até a escola das nenas para molestalas.
Elas, moito máis normais, xogaban ao peletre e á goma, e marcaban con pedras as paredes imaxinarias das casas dos seus xogos até veren aparecer no horizonte a horda de brutos de quinto e sexto de EXB que lles varrían a paz.
Confeso avergoñado que máis dunha vez me deixei arrastrar a aqueles pogromos, non moitas porque a miña irmá estudaba nesa escola, pero si as suficientes para estar e non facer nada o día en que a unha das cativas lle pegaron chicles no pelo, que levaba longo e en dúas colas brillantes e negras coma o carbón.
Como era amiga da miña irmá, sei que na casa lle tiveron que cortar o pelo, que a mai da pobre se foi queixar á escola, pero que alí non pasou nada.
Aos dous imbéciles que fixeron aquilo non os volvín ver, aos outros imbéciles que estaban tan calados coma min tampouco, pero desde hai unha semana a nena-dos-chicles-no-pelo é profesora no meu instituto, e o primeiro que me chamou a atención ao vela é que o pelo agora o leva curto.
Como a miña irmá non se lembra do caso, aínda teño a esperanza de que a miña nova colega tampouco se lembre ou morrerei de vergoña.

5 comentarios:
Vale, xa confesou. A que quedou liberado (un pouquiño, cando menos)? E si, pero o triste non é ser cruel ou cobarde de neno, senón seguir sendo así de adulto. Fale con ela. Quen sabe se non estaba farta de levar aquelas melenas longas, dos tiróns que lle daban cada vez que llas peiteaban, das horas interminables baixo o secador e os malditos chicles foron unha bendita liberación?
Sabe, señor Kaplan, dende hoxe, quéroo un pouco máis: alguén que é quen de lembrar tanto tempo un erro, é porque moito lle leva doído. Dígallo. A ela vaille encantar que o seu arrepentimento dure tanto: fala ben de vostede esa mágoa retrospectiva.
A anónima era eu. X
Quedoulle moi bonito.
O de confesar, depende da cantidade de pelo que teña vostede e das ganas que teña de cortalo :D
Eu tamén teño que avergoñarme dalgúns feitos daquela pubertade pero non os vou airear.
Sun Iou Miou ten razón: o malo é o que persevera.
Publicar un comentario