Hoxe, que é a Candeloria, a Polis tocoulle cumprir anos (un lustro menos do medio século) e a min comprarlle un agasallo, cousa que, ben o sabe Deus, me fai adoecer dos nervios; ao final escollinlle música: non un disco deses que un dubida se entregalo ou quedar con el, nin dos que se pregoan aos catro ventos, senón un deses que se agachan entre a bolsa das mandarinas e o cartón de leite, vergonzantemente, ao pasar pola caixa do súper para pagar.
Como aquí xa levo falado do meu amigo por activa e por pasiva, non importará daquela que diga que Polis é devoto de Raphael de toda a vida, que o agasallo é esa batería conmemorativa de deuvedés, cedés e libro, ese medio século de cancións con versións enlatadas e duetos, e que llo entregarei mañá a Polis na súa casa, onde estou convidado a cear e onde non volvín poñer os pés desde hai tanto que talvez me cumpra mostrar o DNI na porta, por se non me recoñecen.
Polo pronto, xuro que se Polis decide estrear o disco na cea non arrastrarei a trenka polo salón co ímpeto do vento (eu!), nin farei comandita con Encantador para cantar Digan lo que digan a dúo, nin me convulsionarei cunha forza sobrehumana (eu!) sobre o sofá, imitando o divo para escarño de ninguén.
Heime comportar, pois, coma un neno boíño e formal, sen montar ningún Escándalo.

10 comentarios:
En el fondo-fondo todos somos un poco devotos de Raphael, bueno, y un poquito más arriba... pero es usted un valiente por pasar por caja ;D
Como pasa o tempo, ata o Polis se nos fai vello!
Foi divertido lerlle este post.
:D
Pois as festas de adictos a Rafael, sen dereito a "escándalo", non lle son festas.
Fai vostede moi mal. Despois da fazaña de pasar por caixa coa cabeza, como sinala Ra, ergueita ou baixo a lapela do abrigo, eu no seu lugar desenguedellábame, sempre e cando, claro, tivese absoluta certeza de que non había cámaras co pilotiño vermello prendido: hai pecados que cómpre acometer sen probas para a posteridade.
Espero que vaia incluída a versión de acueiróóóós acue-ri-ós... :)
A Raphael nunca o poiden aturar foi sempre superior as miñas forzas jejeje
Un saúdo
Seguirei...por suposto.
Eu necesitaba axuda para un aniversario pero creo que non vai ser boa idea esa de mercarlle Raphael ao meu amigo.
Segirei buscando.
Hahahaha, nunca se me dera por ler-che o perfil, mas o de "Sector: Fabricación" matou-me :DD
O post mui bom, by the way.
Um caloroso saúdo. ;)
Divertido post. Non sabía que vostede tivese vergonza. ;)
Yo también soy bastante raphaelista.
Publicar un comentario