A miña mai resume o meu drama nunha frase condicional: se meu cuñado usa o coche para traballar, e eu só o uso para ir ao traballo, ben podo empregar o resto do tempo en transportar inxentes candidades de parentes dun lado para outro.
Como exemplo, eis a folla de rota desta mañá:
10'50: recoller a meu pai para levalo á casa das tías.
11'00: deixar a meu pai coa tía G. e recoller a tía O. para levala á caixa de aforros.
11'40: deixar a tía O. na súa casa e levar de novo a meu pai á del. Cambio de planos: meu pai prefire quedar coas irmás e que o recolla á hora de xantar.
11'55: volver na Biblioteca libros e DVDs fóra de prazo. Con rapidez, por se os funcionarios me din algo sobre o tema, pero non tanto como para bater coa xente e o mobiliario
12'05: recoller a miña mai para levala a ver ao seu irmán H., que está malo. Miña mai leva unha bolsa do gadis cun queixo e unhas filloas pero ningunha xerriña de mel.
13'20: acábase a conversa e a visita fai augas. O tío H. fuma tanto que debe ter os pulmóns máis negros que os dedos; cada vez que tuse é como se a terra se abrise.
13'45: regresamos a Ithaca para recoller o meu pai. Nun lameiro vemos as primeiras cegoñas este ano.
14'07: con meu pai baixan o tío P. e a tía C., que foron visitar as tías; como viven onde Cristo deu as tres voces e o día promete choiva, ofrézome a levalos.
14'27: despois de deixar os meus tíos ao pé da súa casa, volto cos meus pais á deles para xantarmos. Nun semáforo, pítame desde un coche negro un macarra chamado Polis.
8 comentarios:
Da gusto estar rodeado (e rodado) de familia.
O Polis non sería parente tamén?
Saúde e saúdos
Pois sí, non me vai dicir que non se sinte útil.
Espero que a súa nai non fora vestida de roxo, porque ise tío, fumando tanto, ten que ter peito de lobo...
Si te sirve de consuelo nuestra vida es un constante ir y venir, rodeado de parientes o no.
Mis felicitaciones por las últimas imájenes/ilustraciones: son un puntazo.
Casi prefería a reclusión, era máis pracenteira, non?
Gustaríame saber como se amañan cando anda vostede a gañar os garavanzos. Non lle dá cargo de conciencia? Ande, pida a xubilación anticipada e e fágase taxista altruísta.
:)
Qué barbaridade!
Que non abusen de ti, meu rei, que despois pasa o que pasa. A min me resultan moi sexis os chóferes, non sei se pode valerche coma consuelo....
Mimadriña,
a cousa é coma para terminar coma Travis (de quén ensino un cuarto de cara na cabeceira do meu blog)
case mellor ter que ir traballar.
así e todo eu preferíria ter pai, nai, tias e tios
Vexo que Chousa pregunta por Polis, e decátome de que "coñezo" a Polis dos principios do blog
;-)
Publicar un comentario