mércores, 10 de febreiro de 2010

Tobos e pixamas

Onte coñecín o tobo de enriba, o dos radicais, o dos arrincabañeiras: escrito estaba que tanta destrución e tanta iconoclastia non podía traer nada bon, e así, onte ao serán, descubrín que polos azulexos do meu baño corrían dúas interminables lágrimas até formaren no chan, xunto ao wc, unha lagoa digna da miña zozobra.
Subín, e en canto os viciños, vestidos xa tan cedo con pixamas de cetín, me abriron, descubrín que ao outro lado da porta había un mundo nada semellante ao de abaixo, asimétrico, con paredes fóra do seu lugar e portas onde non debera, luces indirectas e un baño de revista sen azulexos, coa cabina de hidromasaxe aínda embazada.
Mentres o viciño, o xuvenil señor Pixama, se desculpa polo incidente e promete que en canto seque o meu teito me enviarán un pintor, a señora Pixama, felina e silenciosamente, vai dun lado para outro como se vivise dentro da atmosfera protectora dun anuncio e aquilo meu non fose con ela; nas mans leva unha culler e un iogur desnatado e cheo de bífidus, por aquilo da regularidade.
Horas despois, de volta no meu baño, fago o posible por non mirar o círculo, que non lembra ningún continente. Que máis ben parece unha mexada.

5 comentarios:

Anonymous dixo...

Con que tú eres el de abajo, ya teníamos nuestras sospechas.
Como mínimo podrías tener un poquito de respeto por la intimidad de tus vecinos y no andar caricaturizándolos ni mofándote de ellos en internet por mucho que no digas nombres. Hasta dónde vamos a llegar! Ya uno no puede ni estar dentro de su casa tranquilo. Espero que tengas la decencia de retirar inmediatamente esas referencias a nosotros, especialmente las comparaciones felinas de mi señora y sus costumbres. ¿O es que también nos controlas cuántas veces vamos al baño?

(Hehehe.
Saúdos X)

mariajesusparadela dixo...

Faría vostede ben , efectivamente, en controlar cándo van a o baño, para saber en qué momento aumenta a mancha...

paideleo dixo...

Veciños, veciños...hai que odialos ou querelos.

Perry dixo...

Tienes suerte al tener unos vecinos así porque nos darán unas buenas historias.
Pijamas les llama: como para no dormir.

Sun Iou Miou dixo...

Con tanto bífidus, se o que pinga é só auga, dea grazas. :P

Encantoume a ilustración: vaille que nin pintada, que se di.