Esta viñeta de Kiko da Silva, inicialmente publicada na revista Retranca e posteriormente no boletín do ENDL dun colexio de Tui, disque provocou unha reacción en cadea con demasiada aparencia de censura. Dramatis personae: un pai iracundo, un director obtuso e hamletiano, un mestre comprometido e pertinaz, e por último a santa inspección no seu papel de cerbero da ortodoxia e defensora de ás veces non se sabe ben o que.
5 comentarios:
Contra a censura, botarlle valor.
Sí señor. Valente e reivindicativo.
Por certo, Mr. Kaplan, eu tamén respondín ao meme das rarezas.
polo menos botarlle un pouco de humor á cousa!
Volvemos aos tempos duros. Que sexa o propio director quen retire e mande informe di ben pouco del. Gsutaríame saber se tamén manda informe de todos os que incumplen / incumpliron a lei de dar as súas aulas en galego. non che hai como o medo...
Pois na "foto" quedou moi lucido. Non sei de que se queixan...
Publicar un comentario