Efectivamente, o centro da cidade converteuse no decorado dun peplum de medio pelo, hai teas vermellas e colgarexos inverosímiles nas fachadas, as tendas e almacéns fan negocio poñendo a xente á moda de Roma, anúncianse casamentos celtas, a radio informa do cambio de euros a denarios e até o noso alcalde saiu na prensa caricaturizado de Nerón ou algo.
Que ninguén me busque vestido de senador, centurión, matrona, escravo, resistente castrexo, invasor normando ou meretriz por estas rúas porque non hei de estar, nin siquera coma o romano do futuro que son.
Que ninguén me busque vestido de senador, centurión, matrona, escravo, resistente castrexo, invasor normando ou meretriz por estas rúas porque non hei de estar, nin siquera coma o romano do futuro que son.
Arda Lucus, que eu, xa queimado, marcho hoxe a visitar a Haddock. Ave!
9 comentarios:
Pois seguro que arde Lucus, seguro.
Na miña estadía por terras norteamericanas extrañei estas festas ou seudocelebracións tan típicas de Galicia e,anque non as celebre ou non participe, non nego que me gustan.
Pois seguro que estaría vostede moi atractivo vestido de soldado romano, coas pernas o aire, ainda que o penacho de plumas ese na cabeza non me termina de convencer... Case mellor de senador.
Non sei como marcha vostede da cidade tendo as ruas cheas de mozas romanas cinguindo o corpo con dourados cordóns nas súas túnicas e de gladiadores de peito descuberto!
Ave, señor Kaplan, vostede anda sempre vestido de boa xente.
Paréceme ben, Kaplan, non esperaba menos da súa real virtualidade.
Estou con Zeltia. Pero ti vistes as pelis de Romanos? Cleopatra, por ejemplo, (la de Liz Tailor) cómo van los guerreros, con sus minifaldas. Cada ver que veo la peli me imagino si llevarían algo debajo o no. Yo creo que no, que nada de nada debajo de las tablillas esas. Por favor, ¡qué locura!, ¿por qué los soldados de hoy dia van tan tapados? (y los profes, lo mismo). Debías aprovechar y lucir cacha.
......................
¿ya de vacaciones? mmm qué rico.
¡Anda! ¿Y eso lo hacen todos los años? Pues no me importaría ir a verlo. Pero que no me obliguen a disfrazarme, que con la Cabalgata de Reyes ya tengo bastante.
Eu faría o mesmo que vostede pór os pés en polvorosa como adoita dicirse
Perdoe, Sr. Kaplan, pero eu a iso chámolle covardía. ;)
Pois a min esta queima tamén me pillou lonxe, nalgún mar do norte. Creo que xa vai para 3 anos desta festa e aínda non a pisei. Din que trae máis xente que o San Froilán. terei que seguir a fuxir en anos vindeiros.
Publicar un comentario