A caixiña de lata que un día fora maletín da Señorita Pepis e desde hai tres anos atesouraba as máscaras viaxa do mesado da cociña ao armario do baño co seu contido.
Queda oficialmente declarado o final da pandemia nesta casa.
A caixiña de lata que un día fora maletín da Señorita Pepis e desde hai tres anos atesouraba as máscaras viaxa do mesado da cociña ao armario do baño co seu contido.
Queda oficialmente declarado o final da pandemia nesta casa.
Houbo un pouco de todo, é certo; pero aí van.
A historia de Xulia quen ma conta é Herg unha destas tardes; vai moita calor e estamos refuxiados nas sombras bonsai dos arces do Pazo de Sangro. Levamos un pedazo a falarmos de destinos pasados e persoas mortas, e aquí Herg volta aos finais do franquismo, cando nunha vila próxima a Ferrol ensinaba a párvulos e compartía casa e colexio con Xulia. Dela di que era un espírito libre, que de estudante desquiciaba a profesora de Política con respostas e preguntas que acordaban odios e simpatías por igual no rabaño gris marengo que eran todos; lembra a vida sinxela daqueles meses na casiña alugada perto da escola (horta con limoeiros e ata un pozo), coa oposición recén aprobada e o 850 branco de segunda man (daqueles que abrían ao contrario) que Xulia comprou para ir e vir cada vez menos á casa dos pais, porque Xulia empezou a saír cun casado.
Conta Lupe que ela estaba en Ítaca a noite que pasou todo, cando regresaban en dous coches a Ferrol volvendo da Mariña; o primeiro deles é o do casado, no que vén Xulia: sae da vía e bate cun cabalo que, malferido, agoniza horas ata que aparece a Garda Civil; cando aos poucos minutos chega o 850 branco coas amigas de Xulia, o corpo dela xa está fóra do coche accidentado e o condutor argallaba unha arañeira de argumentos ata convencelas de levaren a Xulia á casa dos pais, sentada no asento de atrás, e de non contaren máis verdade que a que el lles dicía, polo ben de todos, que el xa saberá o que ten que dicir.
Aos dous días enterrárona no panteón da familia. Ninguén fixo preguntas, ao parecer. Do casado nunca máis se soubo.
...ir esta tarde a Delfos para recoller a señorita Kaplan; lembrar que non é no lugar de sempre senón no dentista; lembrar tamén que, coma outras veces que lle axustan o ferrancho da ortodoncia, pode saír cun humor do demo.
...instalar antes o trebello ese das luces de Nadal que comprei onte nos chineses. Idem co tabernáculo da entrada. Idem co nacemento. Idem co adorno da porta, que resisitirá un ano máis sen substituto.
...contactar coa avogada para saber ver que é do noso e en que estado civil comezarei o próspero ano novo.
...comprar dúas entradas para a exposición de Clara Peeters no Prado.
... pasar polo mecánico e pedirlle presuposto para unhas rodas novas. Despois de 138.000 kilómetros de homérica resistencia, as de atrás ben merecen a xubilación.