sábado, 11 de decembro de 2004

Despois

Sigo hibernando/hibernante, no estúdio. Segue a estar a casa fria, pero seguramente fóra subiron as temperaturas porque necesito menos roupa; tirei de enriba a suadeira forrada de feltro e xa só levo unha camiseta e o polar; e o pantalón do chándal, claro. Máis nada: erguin-me con fame, vestin-me un pouco de calquer maneira, e a estas alturas nen calcetins nen calzóns (agora que o penso); tampouco me duchei: hai un momento vin-me no espello do baño e, despeiteado como estou, dou medo. Dá-me igual, non espero a ninguén e pode mesmo que nen sequer baixe o lixo.
A comida fai-se na cociña. Estou decidido, se o corpo mo permite, a render-me unha homenaxe: tres semanas sen fumar; hoxe o cinceiro será conducido con honras e salvas de ordenanza ao cuarto do esquecemento.
Para sempre xamais, espero.

1 comentario:

Zeltia dixo...

pois ainda non sei se foi para sempre,
pero espero que así fora
pasadas tres semanas o peor xa vai alá!!

(eu deixeino cando tiña 43 anos, e sei que nunca mais volverei fumar)