xoves, 27 de abril de 2006

Gravatas

Se unha das testimuñas no casamento da semana próxima vai levar pamela ou similar, a outra (eu) levará gravata, asi está escrito.
Pero tamén o está que non vai gastar nela un céntimo, e asi acode ao gardarroupa do amigo Polis para escoller unha sen saber en que faramallos se mete.
Colgadas nas portas do armário, enroladas en primorosas caixiñas de cartón ou cortiza, pregadas nas gavetas, penduradas nunhas curiosas perchas múltiples, hibernan dúcias e dúcias de gravatas (Polis afirma que deixou de contá-las ao chegar ás duas centas cincuenta) de todas as cores, tamaños e texturas: de raso, de la, de seda, de coiro, de pana; con raias, puntos, aspas, triángulos, ovellas, dinosáurios, rombos, corazóns, dromedários, follas, caracois, números, flores; discretas, modernas, clásicas, rechamantes, atrevidas, escandalosas...
Mentres remexo, Polis fuma e toma o chá antioxidante, e conta-me o seu último descubrimento: A que non sabes o que é un blog? Vas flipar; lin-o en El País un dia destes, verás: un blog é como un diário que se escreve en internet para que todo o mundo o lea...
Escollo unha gravata azul de condutor de bus, outra de raias e parezo meu pai, unha negra que me pon de dó, a outra para apelar ao Supremo, esta verde é impensável para unha boda, esoutra de listas parece hipnótica...
Dou en zozobrar, até que Polis me pon nas maos unha que é perfeita.
Alucino tanto que mesmo prometo a Pólis, mentres lle fai o con maos expertas, que pensarei mui pero que mui en sério niso dos blogs, ou como se chamen eses diários de internet dos que me estava a falar.
Pero estás seguro de que Aurora non me vai arrincar os ollos cando me vexa con isto ao pescozo? pregunto ainda. E Polis, sorvendo tranquilamente no chá: polo amor de deus, que parvo tas, non ves que é un van gogh?

7 comentarios:

fisiologus dixo...

NI SE TE OCURRA PONERTE UN VAN GOGH EN LA CORBATA!!!

bueno dixo...

passo aqui rapidamente, mas queria deixar um abraco apertado e votos de um bom fim de semana.

Nona dixo...

Estou horrorizada. Está claro que necesitas un consello feminino para non colgar do pescozo calquer horror. Faime caso e aposta polo verde. E vai pensando en vir de visita, que tes que ver a miña futura maison.

Plattdorf dixo...

:-DD
Non sei como será a roupa, pero eu tamén penso que un Van Gogh é difícil de combinar en xeral, pero moito máis aínda coa paisaxe dunha voda.

Polo demais, "a que non sabes o que é un blog?": ultimamente escoito tanto esta frase que estou comezando a preocuparme. Non sei se poderei seguir mantendo a cara de póker...

Plattdorf dixo...

Por certo, unha dúbida. Eu agora fíxenme adicto ao cha verde, pero se o vermello é máis antioxidante son capaz de me converter.

Que me recomenda?

besbe dixo...

Cal dos dous é o que sabe a raios? Aconsélloche o outro.

Peke dixo...

O que nos faltaba. Un van Gogh no peito!