![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/recorte.jpg)
celebro un antiquísimo ritual no meu salón, que repentinamente se torna unha cova en semipenumbra; os raios catódicos reflicten as nosas silluetas na parede, como un lume morredizo no lar.
Aproveito que a nena está entretida cunha desas películas coas que, ano tras ano, a televisión nos segue madurecendo a páscua: sentada diante a un nivel máis baixo, provavelmente nun pequeno toro seco, a cria permanece quieta mentres o exemplar de macho adulto revisa minuciosamente a cabeleira dela, sen que felizmente ao fin atope nengun rastro dos invasores.
Miles de anos de civilización, pero algunhas cousas certamente non mudaron nada.
2 comentarios:
É certo que non tan no fondo seguimos sendo o que realmente somos: simples mamíferos :-)
O macho alfa dedícase a tarefas importantes. ;)
Publicar un comentario