xoves, 6 de abril de 2006

House

Empeza a resultar fastidioso e irritante que alguns dos meus amigos, aqueles seres que amo fraternalmente desde hai anos, décadas incluso, dean en comparar-me co admirável cabaleiro que figura á direita deste post.
Hoxe, mentres tomávamos café, Vapin rubricou non sei que estúpido comentário meu coa frase A ver se vai ter razón Ti cando di que cada dia te pareces máis a House, e deixa caír a palavra sarcasmo coma unha pedra de azúcar no meu café.
O lamentável do caso é que Vapin nunca ve a série, asi que non vale; pero el volve á carga: desde a semana que vén non perdo un capítulo, os martes, non si, pois ali me tes, doutor.
Unha hora despois, visitando a arruinada casa de Polis, fago unha observación que logo hei de lamentar. Estávamos no salón deconstruído, entre caldeiros de pintura e esqueiras abandonadas, e despois de me explicar que o vai pintar en pexego salvo a parede do fundo (pero só a do fundo), que será naquela cor como bordeus para que resalten os dous grandes espellos con moldura dourada que comprou, eu pregunto-lle se é ali mesmo onde vai ir o trono.
Decato-me da metedura de pata ao ver que Polis tarda en encaixar o golpe; cando o fai, colle-me do brazo e puxa por min para fóra murmurando Doutor House, a quirófano.


Paso o resto da tarde facendo acto de contrición e tentando controlar a paranoia.
Un destes dias, mañá ou pasado, aproveitando as datas, comprarei un cilício ou algo.
Isto hai que pará-lo antes de que se convirta nun lugar comun entre os meus amigos, eses seres que amo fraternalmente.

8 comentarios:

Nona dixo...

Pois mira, agora que o dis...Algo de Dr. House tes.

Morgana dixo...

Eso,eso, fustíguese con ganas

i.a. dixo...

boh, seguro que você é dos que resulta borde de seu, e como diriam os de siniestro total: tenemos un mensaje para la gente guapa, y es que los feos somos muchos más, así que cuidado, mucho cuidado, procuren no hacernos enfadar ;-)

Tongzhi dixo...

he he he
Certamente conheceráso velho ditado:

"Quem com ferros mata, com ferros morre"

Bom fim de semana!

Nona dixo...

Error, error, chicos. El é de natural amable, pero mellor non sacarlle o Dr. House que ten dentro.

Laurindinha dixo...

Tentarei ver House algún día para coñecer un pouquiño a ese grande "monstro" cibernético chamado Kaplan... hahahaha

bueno dixo...

House? Never heard of!

Moraima dixo...

Ummmm
algo a resultar familiar
e eu a non saber
agora
descubro
Kaplan - House
por que adorarei aos tipos así?