luns, 24 de abril de 2006

Sismo

Poderia dicer que o tremor nos acordou nos nosos leitos, que cheo de pánico corrin ao cuarto da miña filla aterrorizada, que fomos aos tombos corredor adiante nunha choiva de cal e cascallos do ceo-raso, que baixo a mesa da cociña, abrazados, esperamos o fin mentres os azulexos fendian e saltavan no meio dun estrondo inaudito.

En lugar diso direi que dormimos placidamente, como dous benditos, e que tiven as primeiras notícias do terremoto esta mesma mañá, cando unha compañeira na sala de profesores declarou, para tranquilidade de todos, que Galiza nunca sofrerá un tsunámi, que iso era sensacionalismo dos xornais, que llo confirmou un amigo vulcanólogo que até dá conferéncias.

1 comentario:

Nona dixo...

Eu tampouco me enterei. Nin a Lula. Calquera día sácanme a cama de debaixo mentras durmo e sigo soñando no aire.