mércores, 6 de agosto de 2008

Embarazo

Onte, volvendo da biblioteca, atopei inesperadamente a Mirinda diante da libraría do fondo das Cortiñas de San Romao, mirando libros ou buscando sombras, non me quedou moi claro, á espera de súa mai.
Antes que ningunha outra cousa, dime que está embarazada de catro meses e que a semana que vén lle van facer a amniocentese; instintivamente, mírolle para a barriga, e o primeiro que penso é que se ela está de catro meses, daquela é que eu vou romper augas; o segundo, mentres nun subidón de hormonas ela me conta que todo vai moi ben desde que desapareceron as náuseas e que ten algo de anemia, é quen pode ser o pai, visto que Vladimir marchou coa música a outra parte.
Non sei se fago ben (cos ricos nunca se sabe), pero acórdome de ofrecerlle cousas da miña filla que gardo na casa, e que busco pola tarde; ademais, descubro que hai moito máis do que lembraba: aquí están o edredón azul do berce co seu oso garnido e os protectores ou chichoneras, un saco de paseo branco para o cuco, varios xogos de sabas e cabezais con animaliños e flores, un esterilizador, varias botellas de biberón, mantas... En fin, un pequeno tesouro que lle fun levar hoxe á hora do café á casa da súa mai, onde Mirinda, tendida no sofá cos pés en alto e a novela posta, se deixaba tratar coma unha emperatriz.
Pastel vai pastel vén, na conversa non se falou de nada que non fose amniocenteses e antollos, partos e lactancias, hernias de hiato e refluxos gástricos; a futura avoa e a futura tía renunciaron definitivamente á novela por contaren nacementos coñecidos, Mirinda incluída; co último descafeinado, até eu me atrevín a contar a miña parte, lamentando non ter na carteira, coma eses pais modélicos e orgullosos, unha foto, mesmo de carné, da miña filla.

5 comentarios:

Perry dixo...

Vaya, que si la ropita que los patuquitos... suena todo un poco maruja. Perdóname, pero es asi ;)

D.Rambaut dixo...

Moi acertado o da reciclaxe ou reutilización. No "rocho" sempre que podemos facémolo ou regalámolo a través de www nolotiro es.

Por outro lado e ainda que debera ser o primeiro dito no comentario, é que un nascemento sempre é unha boa nova; qué digo: unha Boa Nova boísimaaaaaaaa.

Daniel

pd: e na libraría do fondo das Cortiñas só miraría sombras porque realmente pouco "bon" ten que ver. ( penso eu :-( )

gatina dixo...

Ufff. Me encantan los niños, hasta los 7 años aproximadamente. Después comenzamos a convertirnos en adultos frenéticamente. (A pesar de que algunos nunca lo consigan y se queden en esa edad absurda de la adolescencia)

Lo que odio es a las mamás/papás que desde que el predictor da la noticia, parece que nadie en este mundo ha tenido hijos!!! Las conversaciones solo giran en torno a la maternidad y a los bebés, niños, hijos... Un horror.

Yo me quedo con los niños y a los padres que los aguante quien pueda... ;)

Sun Iou Miou dixo...

Embarazosa a comparación de bandullos. Mira ben non rompas espellos en lugar de augas. (`_^)

Anonymous dixo...

Jajaja
"Maruja" dixo, que bo!