mércores, 13 de agosto de 2008

Xubilación

Meu pai foi hoxe pola mañá ao barbeiro e volveu moi enfadado.
Tras case 32 anos (tantos como levan vivindo neste barrio), o barbeiro anuncioulle que esta vai ser a última vez que o atende, porque para finais de mes se xubila e fecha o local para que abran unha óptica.
A sociedade acaba aquí, repentinamente, e meu pai terá que buscar outro barbeiro, que a este ao parecer xa lle tremían as mans, que tiña atrasadas as revistas, e que aburría a un santo con tanto falar de balnearios e viaxes a Benidorm.

2 comentarios:

D.Rambaut dixo...

Sed fugit interea, fugit inreparabile tempus.

**** *****
Verdor nuevo los espinos
Tienen ya por la colina,
Toda de púrpura y nieve
En el aire estremecida.

Cuántos ciclos florecidos
Les has visto; aunque a la cita
Ellos serán siempre fieles,
Tú no lo serás un día.

Antes que la sombra caiga,
Aprende cómo es la dicha
Ante los espinos blancos
Y rojos en flor. Ve. Mira.

Luis Cernuda, Como quien espera el alba

Sun Iou Miou dixo...

Para historias de barbeiros lelle esta a teu pai: "Sidney Poitier na barbearia de Firipe Beruberu" do Mia Couto (Cada homem é uma raça) e o resto do libro xa de paso, que non perdes nada, antes gañas un mundo. (^_^)