sábado, 31 de xaneiro de 2009

Zona cero

Ser o decano deste portal (e vicedecano desta nosa comunidade) tivo os seus privilexios e regalías: aturei ruídos, pó, plásticos polas escaleiras, obreiros por todas partes, vibracións de trades e arrastrar de mobles, ascensores non operativos, caixas e plásticos por todos lados, máis obreiros, cortes de luz e auga a cada pouco, e unha interminable sucesión de penalidades que pouco a pouco compensou a alegría da novidade.
Pero o pasado Mércores volveu o pesadelo: o último piso que restaba por vender en toda a comunidade, xustamente o que hai enriba do meu, está en obras, e eu levo xa catro días cos nervos como cordas de guitarra, mentres os operarios se ensañan coas paredes e arrancan as bañeiras e furan e baten e deus saberá que máis botan abaixo.

Hoxe a zona cero semella estar en calma pero Luns, sen dúbida, retornarán os combates e eu volverei lamentar non ter gas no tobo.

3 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Come uma fabada (Señor!, que virei ordinaria) e sen cuartel!

Kaplan dixo...

non me debín explicar ben: cando falo de gas non falo de gases, señora sun iou :-/

Perry dixo...

Cuánto me recuerda esto la vez que se te inundó el piso en el tobo de antes. Desastres domésticos. Ten paciencia.