mércores, 17 de xuño de 2009

Millennium 3

Polis coñece un tipo que está casado coa irmá dunha muller que ten un bar no centro onde serve cafés e bocatas un inmigrante sudamericano que ten un irmán que é amigo dun fulano que pinta casas, e que non importaría nesta estúpida cadea se non fose porque está casado cunha tal Carme, ou Menchu, que traballa nunha perruquería onde tamén traballa a cuñada dun libreiro que lle conseguiu a Polis un exemplar do terceiro libro da triloxía de Larsson dous días antes de que se poña á venda.
Ao mellor entendín mal porque estaba sumando notas, e pode que en realidade Menchu sexa unha inmigrante que é cuñada dunha muller que pinta casas, ou que serve sudamericanos e cafés nunha libraría; dá o mesmo: molestar medio censo por ser o primeiro en ter o libro que todo o mundo comprará desde mañá é unha das más grandes frikeces que lle coñecín a Polis (e coñecinlle moitas).
E tamén a demostración de que esa teoría de que, no mundo da globalización, todos estamos a seis pasos de calquera outra persoa viva, é clamorosamente falsa.

7 comentarios:

Anonymous dixo...

Este Polis é moito :D
Saúdos.
X

mariajesusparadela dixo...

Mais falsa no intelectual que no físico...que xa é.

Sun Iou Miou dixo...

Pois xa o estou vendo non deixar pedra sobre pedra (o era tía perruqueira sobre curmán sudamericano?) para conseguir o cuarto, que polo visto o finado deixoulles aos herdeiros un inédito inconcluso... E mais non digo.

paideleo dixo...

Muito se fal desa triloxía. Acabarán por convencerme para que a lea.

peke dixo...

Xa o vin na librería, pero teño que esperar a que ma manden onde a encarguei. BRRRRRR!!!!

Tongzhi dixo...

Que grande cadeia de parentescos!!!
eh eh eh
Não sei se percebi tudo...
Abraço e bom fim-de-semana

bueno dixo...

Por coincidencia, também estou eu lendo o terceiro livro da trilogia. Não consigo parar. Lisbeth Salander faz parte da minha vida, no momento. Uma pena que o autor morreu antes de completar os 10 livros que estavam programados.