mércores, 24 de xuño de 2009

Peticións

Meus pais van en Lourdes.
Como as outras, desta tamén nos preguntan que pedimos á Virxe e aproveitamos a ocasión para pedir a miña irmá cobrar unhas facturas pendentes, a miña sobriña que lle medren dunha vez as tetas, a señorita Kaplan, entusiasmada co agasallo dun Barbie macho, completar a familia, pero non me atende: prefire unha Barbie embarazada antes do que unha Barbie divorciada coma a do chiste, que traia de serie a casa de Ken, o coche de Ken, a moto de Ken; para cando eu pido un coche novo e o bote da primitiva a miña pobre mai está xa dos nervios, di que non temos respecto e acaba ameazando con que vai pedir para nós o que a ela lle pareza que nos convén máis.
Non hai dúbida de que o fará; como cando pedíamos aos Reis Magos o madelman, o coche de bombeiros con luces e serea, o cinexín ou a colección completa do Capitán Trueno, e o que deixaban eran sobre todo xerseis, pixamas e roupa interior.
(Aqueles slips e, o peor do peor, aquelas camisetas de tirantes con furadiños, arghhh!)

3 comentarios:

bueno dixo...

Quando eu era crianca, a minha vizinha tinha uma tia que morava nos Estados Unidos, que trouxe para ela uma colecao inteira da Barbie. Eu adorava brincar com as bonecas dela. Depois de adulto, quando cheguei na Europa, comprei umas Barbies pra mim. Depois dei para as filhas das amigas...

Ra dixo...

El pijama era un clásico insustituíble :)

Sun Iou Miou dixo...

Como se nota que somos da mesma quinta, Kaplan. Moito explorei eu África travestida de madelman.

Supoño que pediran para vostedes a moita saudiña e tal, cousas que ben no fan, pero mal tampouco.