Chegamos a Atenas, sen retrasos e con toda a impedimenta, a media tarde; recóllenos John o taxista, con aspecto de non se ter deitado aínda, que nos fai esperar por un terceiro viaxeiro que finalmente non aparece; no monovolume no que nos asamos lentamente, John o taxista tórnase porteira e sométenos ao terceiro grao: estado civil, fillos, traballos, para acabar ofrecéndose a levarnos pola noite a un strip-tease, o que amablemente declinamos.
Teddy aproveita para practicar grego e acaban falando de fútbol, mentres eu ao lado vou caladiño coma un peto.
Non foi mala idea finalmente contratar o transporte, pensamos ao chegar ao hotel, que tampouco foi mala idea finalmente levar contratado: dánnos unha habitación con vistas, a 601, desde a que se enxerga unha igrexa desde hai moito en obras e unha cidade incansable.
Hai wi-fi no cuarto e Teddy trouxo o miniordenador, pero desde que o conectou souben que só lería o correo e as lamentables noticias pero non actualizaría, que unicamente me asomaría aquí a furto para ler os comentarios.
Tras a ducha e a reconstrución, a cea. Imos en metro a Monastiraki; eu, que estiven por aquí no século pasado, sei que algunhas das mellores cousas de Atenas poden obterse na terraza tranquila dun restaurante coma este, ao abeiro da Acrópole iluminada. Sérvennos satziki e pan torrado con allo, salada grega, mousaka e cervexa; na sobremesa, por xentileza da casa, senllas fatías grandes de sandía.
Seguimos abeirando a Acrópole: a fantasmal ágora romana e algunhas escuras ruelas que exploramos, con fermosas casas case sempre abandonadas; dámoslle unha moeda a un saxofonista que toca Moonriver; o cadelo del, ao lado, aborrece adormecido pola lúa.

2 comentarios:
Pois para ser o primeiro día non parece moi entusiasmado.
PD: Ten un paraugas máis "moderno" na Selva.
Benvido, xa quixen entrar onte e, non sei por qué, non o conseguín ¿será pola decoración puntillista? está vostede moi puntilloso...
Publicar un comentario