domingo, 26 de xullo de 2009

Balance de lecturas

Despois dunha intensa convivencia de case tres meses coa señorita Salander, o señor Blomkvist e o resto da troupe do defunto Larsson (peli incluída), hei de anunciar a todos o final da nosa relación, que por certo durou máis e foi máis proveitosa que algunha que mantiven con persoas de carne e óso a quen considerei amigas.
Esta mesma mañá, coa señorita Kaplan ao lado facendo o propio con outro sueco, o noso acabou como acaba todo, e un destes días (cando Polis estea operativo tras a peregrinación) volvereille o libro ao seu lexítimo propietario.
Así que hoxe, dando un respiro á crónica helena, cómpre botar a vista atrás e facer o balance de lecturas deste último curso:
  1. Maurice, de E.M. Forster.
  2. Festina lente, de Marcos Calveiro.
  3. Infancia, de J. M. Coetzee.
  4. Nocilla dream, de A. Fernández Mallo.
  5. Memoria de mis putas tristes, de García Márquez.
  6. La quinta mujer, de Henning Mankell.
  7. Ollos de auga, de Domingo Villar.
P.D.: Por certo (para os que aínda non terminaron o libro de Larsson), ao final non casaron.

4 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

Deduzo que tampouco comeron perdices, ou si? (`_^) Ás veces é que os finais son tan pouco interesantes que non hai perigo en desvelalos: o miolo está no miolo, redundantemente.

Logo xa recúo para continuar coa crónica helénica (que ben soa!).

Anonymous dixo...

Estou no terceiro livro de la senorita salander. comecou a ficar tedioso, mas irei até o fim. eu achei o filme no internet em espanol e italiano (chama-se milenium) e a atriz que faz a salander nao deixa nada a desejar. Bom domingo!
Bueno (nao fiz o log in)

mariajesusparadela dixo...

Vostede xa sabe que me quedei, por terca vontade,no primeiro. Pero, para min é evidente que non debía haber perdices.

paideleo dixo...

Ui, se fago eu reconto dos libros que lin remato nuns dous segundos.
O verán pódeme ata para ler crónicas helenas ( anque sexan millores que as fotos de vacacións comentadas polo cuñado pesado ).
Un saúdo.