Facendo caso a ese prudentísimo dito segundo o cal o peixe e as visitas desde o terceiro día feden, regreso para Ithaca despois de visitar uns Haddock en stand by: ela porque Mércores se lle acabarían as vacacións; el porque agora lle empeza a quincena con filla.
As previsións din que para a semana que vén, cando estea aquí a señorita Kaplan, pai e filla nos devolverán a visita; iso si, terá que ser en autobús, porque o coche segue morto na rúa, coma un xigantesco insecto negro.
Temín por iso ser eu quen conducise por descoñecidas estradas secundarias e nocturnas; ignorando o dito, ao mellor por non levar comigo nin muller nin estilográfica, cedinlle a Haddock o meu coche para que nos levase por aí.
quere dicir o monte e castro de Santa Tegra, a foz do Miño, a linda vila pesqueira de Âncora, pola que paseamos entre bañistas e onde ceamos gorentosamente unha cea hipercalórica cun viño verde delicioso. Se algo non mudou en Portugal neste último cuarto de século é a mazada que supón á carteira a manteiga salgada, os queijinhos e o paté de sardiña para picar; dá igual que a carteira conteña euros ou escudos.

Como é habitual entre idosos, e empeza a selo entre nós, Haddock e un servidor dedicaron unha parte importante do tempo a falar de enfermidades e outras avarías; falamos de manchas na pel, pedras na vesícula, hernias discais, endodoncias, perda de ouvido e presbicia. Desde logo, a súa exploración de vexiga por vía uretral con espéculo (só escribilo aquí me pon os pelos de punta) mereceu ovación e trofeo.
4 comentarios:
Quedáronlle por ver os muíños do Folón: auga e pedra, para compensar tanta pedra seca da Grecia. (`_^)
Querido Kaplan, seu blogue para mim, nao é um diário, muito embora seja auto-biografico. Seu modo de escrever e as diferentes histórias como por exemplo as de Polis ou as da senhorita kaplan, sao por vezes tao interessantes como literatura. Queria eu, poder entender melhor a sua linda língua. Bom fim de semana!
Ah, Señor Kaplan, facendo fotos e escribindo, parece vostede contaxiado polos feiticeiros cantares de amigo de don Paio.
A primeira foto éme taaaaaan familiar.
Publicar un comentario