Todo o que sabía de Vapin esta mesma mañá era que Estridente e el viven xuntos e que teñen un fillo (se neno ou nena non me soubera dicir hai seis meses Cesp, porque a ecografía non era definitiva).
Todo o que sei agora, despois de falar con Vapin por teléfono hai escasamente unha hora, é que casan o mes que vén, que naturalmente estou invitado, e que contan comigo.
Todo o que se me ocorreu dicirlle a Vapin para desculparme por non lle recoñecer a voz foi que pillei unha molleira e todo aquilo do resfriado de marras, e que estaba off diante da tele vendo coa nena algunha serie moi boba, como se iso me xustificase non ter gravado o seu número na memoria do móbil.
Todo o que Vapin dixo a seguir foi que a cerimonia será tal día e a tal hora, e en tal sitio fóra de Ithaca porque a noiva é de alí e a tradición manda, que na mesma cerimonia pero após o casamento terá tamén lugar o bautismo do neno (un varón, a fin de contas, a quen imporán un nome composto), e que haberá máis tarde unha merenda-cea.
Todo o que dixen a seguir é que desde logo irei, que conten comigo, que non faltarei a esa boda por nada do mundo, ao tempo que todo o que o meu cerebro paría eran estrañas e maliciosas ideas como que o tres por dous e o dous por un son bonitos xeitos de contrarrestar a crise, pero que xa os inventou o Carrefour.

4 comentarios:
Váiselle vendo un puntiño de maldade...
Ai, ai... Qué malas somos... y lo que nos gusta! ;)
Hai que ver como pasa o tempo, onde van xa aquelas mexadas cruzadas co Vapin!
Por suposto, agardamos crónica puntual de semellante evento.
Saúdos señor Kaplan.
Maldad no, se le ve el rabo al diablo como dicen en mi tierra. Saludiños
Publicar un comentario