Hai semanas que non vou visitar as miñas tías G. e O.; é verdade que cando as visito é de páscoas a ramos, pero esta vez é sen remorsos de ningunha clase.
Miña mai, que vai por alí varias veces á semana, cóntame que a tía G. está aterrorizada coa nova gripe, que non dá bicos nin apertas, e que lle preocupa que os sobriños traiamos algo para a casa de aí fóra, dese cochino e revolto mundo ao que teimamos ir apesar do ben que se está en España.
Pase que o fillo da miña prima I. vaia o pobre con frecuencia a Asia polo seu traballo, pero irmos eu a Grecia, onde non hai máis que turcos, e a prima C. a Malta, que está chea de negros, é ilas buscando por capricho: así falou a tía G., que ademais dos nervios ten o mapa patas arriba e ao paso que leva acabará poñendo luvas e máscara até para ver os telediarios.

2 comentarios:
Ui, e o que nos queda. Como non, eu tamén vou falar un día destes do tema.
Esa tía súa debe de ser un manancial de historias de medo. Ou un manancial de medo de historias.
Mas que tia deliciosa essa!!!!
Publicar un comentario