Non contei aínda que a semana pasada, antes de que os vendavais dos anos e o climatolóxico puxesen patas arriba algunhas cousas, estiven na terra de Teddy para visitalo e coñecer a súa amiga MB, que é dona dunha fermosa casa (que bos momentos temos pasado neste xardín, comentou Teddy, non sei se xunto ao estanque das carpas ou ao pé dos bambús ou baixo a parra coa follateira de ouro).
Se o día apenas deu para pór o pé na mesma Celanova, por contra as circunstancias convertéronnos en improvisados porteadores de cadros e, tras unha visita ao esquecible santuario kitch da Armada e un xantar amigable, asomeime con eles á fermosísima igrexa de San Pedro da Mezquita (abaixo), cos agnus dei e as figuras animais de ferocidade pétrea, co cemiterio florido recén pasado o día de Todos os Santos.
Paseamos porfín pola adormecida e morriñenta Vilanova, mentres o solpor caía sobre a torre e os tellados, e acabamos conversando os tres ao pé do lume nunha lareira antiga e restaurada en que ardían ramiñas de figueira.
Paseamos porfín pola adormecida e morriñenta Vilanova, mentres o solpor caía sobre a torre e os tellados, e acabamos conversando os tres ao pé do lume nunha lareira antiga e restaurada en que ardían ramiñas de figueira.
15 comentarios:
Á lareira, señor Kaplan, hai que lle meter carballo.
Fermosaa terra, Celanova, non é raro que dela naceran poetas inesquecibeis.
Que evocador ...como o contas.
Recoñezo ese lugar..ahí fixeron as fotos de bodas correspondentes uns primos meus.
Fermoso lugar.
Bicos!
Non coñezo nada dos lugares que citas, pero o que me da envexa é o de estar arredor da auténtica lareira co lumiño...
Veño para loubar a imaxe (cal) e para concordar con María Jesús en que para a lareira mellor o carballo (area).
Saúde e saúdos
As conversas o pé do lume da lareira teñen algo especial, unha mistura de maxia, calor, tenrura, misterio...
Eso si, con leña de carballo mellor!
Na torre de Vilanova pasei eu un 17 de maio cuns rapaces que improvisaron música moderna con instrumentos antigos.
Non estabamorta a vila aquel día, non ho.
Preciosa a casa, se é a da foto, e lindísimo momento ese do liquidámbar coas follas en tres cores (os meus están xa "apenas" vermellísimos).
Quén tivera lareira de seu, e aprendela ainda que fora con lume de piñeiro (qué sibaritas os teus comentaristas: carballo queren!)
Fermoso encontro, te felicito, merecen mucho la pena. Conversaciones "a pé do lume", ese entorno, as xentes...Outono, vermellas folles, ainda que no sean do carballo.
Y vino el agua a Cariño, miña casiña, ayyy porto patas arriba.
Bicooooooos.
Disculpas no escribo galelo, mais, lo entiendo y lo leo, todo llegará, fins aviat!
Penso que á Señorita Kaplan todavía é un pouco pequena para El cuento de Sirena. A historia é sinxela pero non sei si a entendería moi ben.
Tal vez podas pedilo para ti ós Reis Magos.
O que sí que lle vai gustar á Señorita Kaplan é este que che recomendo: "Princesas olvidadas o desconocidas, de Philippe Lechermeier e Rébecca Dautremer. Eu estou totalmente namorada del. Regaleillo a miña pequena fai uns anos. De verdade que é unha maravilla. Fai tempo que fixen no blog unha entrada con él, vou buscar o enlace para que o poidas ver, e logo volvo a pasar a poñerche o enlace.
Rébecca e unha ilustradora fantástica. Fai pouco tempo, unha amiga regaloume outro libro ilustrado por ela é escrito por Taï-Marc Le Thanh, titulado "Babayaga", baseado nunha historia antigua, que tamén é unha xoia.
É que me encantan os libros infantís e ainda que son un tanto maior, os que me coñecen ben regálanme libriños de contos.
Outro moi interesante que tamén mo regalaron fai moitos anos, con unhas ilustracións fantásticas de Francisco Meléndez, e que lle pode gustar á Señorita Kaplan, é: "Estrellita Marinera" de Laura Esquivel, a autora de "Como agua para el chocolate".
Non te queixes que che dín moitas ideas, xa tes para Reis, Santo e Cumpreanos... je je je.
¡que envexa me deches con esta entrada túa, con comida e lareira! seméllame que pasáchedes un día estupendo.
Biquiños,
http://congoyyo.blogspot.com/2008/04/princesas-olvidadas-o-desconocidas_21.html
A terra dos poetas!!! O lugar onde os versos medran despeinerados. E un bo conto é o que se pode botar co paisano que "garda" no seu peto a Virxe do Cristal. Ademais da curiosidade da propia virxe as súas historias teñen un aquel que enfeitiza. E para acabar o paseo literario, como non, uns bos contos ao carón do lume, emulando as historias do propio Fole ;)
Que envexa que me dás!!!
este post está cambiado, ten outras fotos...
(ou eu estou mal da cachola?)
Eu tamén acertei ao agasallar co libro de Princesas olvidadas...
Hai unha versión en cofre que é unha preciosidade, con caixóns e tapa que se levanta.
Non lembro ben todo o que traía, pero sei fixo que incluía o libro e unhas postais preciosas coas ilustracións do libro.
Encantaralle seguro.
Nunca me atrevín a propoñerllo pero hoxe xa non calo máis. É evidente que o seu talento fotográfico progresa adecuadamente e na Galipedia hai moitas entradas que serían un tobo perfecto para moitas das súas fotografías.
Mire, un tobiño bonito podería ser este: http://gl.wikipedia.org/wiki/A_Mezquita,_A_Merca
Non sei, como xa deixou de fumar e esas cousas importantes, estiven pensando que quizais un dos bos propósitos para o vindeiro ano podería ser compartir coa humanidade a súa paixón fotográfica.
Pénseo, quizais non sexa tan mala idea.
Saúdos.
Publicar un comentario