sábado, 27 de novembro de 2010

In dreams

Aí fóra, na mañá, as árbores aparecen aterecidas, as casas acordan lentamente baixo os tellados brancos, e a xente que pasa móvese lentamente baixo un sol pálido que durará pouco. Almorzando, con dedos fríos pasei as follas dun libro que me prestaron e volvín correndo á cama.
Un día máis esquecín poñer as fabas a mollo e un día máis teño exames por corrixir. Os Polis están pechados por enfermidade e eu agradézolles non ter que saír á noite siberiana. Descartando pasar o ferro a unhas camisas, perigan a ducha, o xersei que planeara comprar hoxe, e até ir xantar á dos meus pais.
A dous pasos da hibernación convertido definitivamente en marmota, pregúntome se namorarme outra vez non facilitaría un pouco as cousas.
É Roy Orbison, In dreams, quen mo aconsella.

12 comentarios:

Sun Iou Miou dixo...

(Salvo a da ducha. Dúchese o mesmo.)

Sun Iou Miou dixo...

Nada que obxectar.

susana moo dixo...

non me vai o enlace, pero polo demais, incluso se ducha, estéase vostede acochadiño todo o día que senta de perlas. Claro que ahí, dificilemente vaille chegar o amor, ainda que ... iso era antes, agora con interné non hai que sair da cama para namorar, qué maravilla!

mariajesusparadela dixo...

Pois din que sí, que o amor mantén quente o corpo. Pero, as veces élle mías barato compar gasóleo ou mesmo leña.

A NENNA DO PARAUGAS dixo...

Namorarse facilita as cousas. E complícaas ao mesmo tempo. Pero sempre compensa, aínda que non salga tan ben como se agarda.
Todo menos a hibernación!
Claro, que hai cousas que ata se poden suplir cunha cervexiña ao quente da casiña! E non digo viño, pois a min non me senta demasiado ben!

Non hai cousa que máis quente ca un aloumiño! Seino.

Bicos.

Chousa da Alcandra dixo...

O namoramento como fonte de enerxía ven sendo un erro tremendo. Antes ó contrario o que fai é consumila sin tasa. Iso sí, frío non se pasa...

Raíz Verde dixo...

É certo, eu também estou em fase de hibernação e moi dacordo com o que vôce di...

Um saúdo

Paulo Ramos dixo...

Amar não é a solução posto que amar é sempre a mais fácil das soluções...

PAR

Xan dixo...

Namorarse para que as cousas sexan máis fáciles ou máis cómodas. Témome que sería unha idea desastrosa. Non creo que namorarse póidase programar....
Saúdos

Bolboreteira dixo...

Pois eu no sendo unha persoa especialmente romántica penso e estou segura que o namoramento é bo para a saúde físca e mental (sen engadir os danos colaterais) Así que me parece unha boa idea para sair do letargo invernal.
Un bico!

zeltia dixo...

ao fin hibernou vostede toda a finde?
Eu estiven os dous anteriores hibernada, tamén pensei na solución do enamoramento para espilir o corpo e o ánimo (iso non se pode negar) pero da preguiza, e o que é peor, despois todo ese subidón, págase.

Xa nos contará.

Aldabra dixo...

Penso que namorarte outra vez é unha das mellares cousas que podería pasarte; bén, a ti e a calquera. Poderías facer a marmota igual pero poderías gozar de mais caloriño na cama, digo eu.
Biquiños,