En Maio de 1962 o presidente
Kennedy cumpría 45 anos, e á
celebración no Madison Square Garden de Nova York asistiron máis de 15.000 persoas,
unha entre as cales fixo esquecer a moitos dos presentes o motivo daquela festa cando, vestindo un
axustado modelo cor de pel no que escintilaban segundo as crónicas da época até 2.500 cristais, cantou un máis que tórrido
Happy birthday, Mr President desde o estrado.
Hoxe, 48 anos e medio máis tarde, quen cumpre os 45 son eu; á celebración, esta mañá na cafetería de todas as mañás, asistiron catro persoas que tomaron o café de todas as mañás acompañado do seu cruasán de xoguete, e outra que ademais almorzou un bocata de tortilla; afortunadamente, ningunha delas me cantou nada.
15 comentarios:
quen o vería se lle chegan a cantar.. :D
parabéns
No, no, no... dése por cantado un cumpleaños total :)
Muaaaaa.
Eu non lle vou cantar, pero non por iso lle desexo menos cousas boas daquí en adiante.
Felicidades Kaplan, que os 45 che traian moito do bo.
( qué vestido!)
Moitas felicidades cabaleiro! Chego tarde pero penso que chego.
Eu tampouco lle vou cantar que hai que manter este bo tempo uns días máis pero si lle desexo o mellor neste cumpreanos.
Bicos
Sinal de que cantan mal, non de que a ti non che guste que che canten. Supoño. Se vivirán, as miñas aboas diríanche que estás na flor da vida. Parabens.
Parabéns logho !.
e a min como se me despistou este post??
(xa sei, porque sempre me saen ventaniñas emerxentes con publicidade no teu blog, e tárdame a hostia en cargar)
pero ainda así chego a tempo de demostrarche que estou leda de que tal dia coma ése naceras, e esteas vivindo ao mesmo tempo ca min e mesmo teñamos topado neste espazo tan grandísimo da rede.
Perdón perdón perdón porque últimamente entro poco en Itaca y no me entero de las efemérides.
Felicidades felicidades felicidades señor Kaplan: mis deseos de las mejores cosas para usía hasta su próxima fiesta de años.
Perry
Moitísimas felicidades Mr. Kaplan, eu cantareille o Happy Birthday, non son Marilín pero poñerei todo o meu sentimento, prométollo. Poñerei un carmín vermello nos beizos, uns zapatos de tacón... e, un vestidiño que teño negro para ocasións ¿sírvelle?
Lévolle un par de aniños, por certo.
Eu tampouco esperei ó papa, por si ten curiosidade, nin o esperarei xamais a non ser que tolee algún día, que todo puidera ser.
Biquiños,
rula disse...
Felicidades con retraso Mr.Escorpión.
Non estaría mal empezar o dia se cho cantan estilo Marilyn, non si?
Parabéns e felicidades, senhor Kaplan. Gosta-me que tenha 45 e que estêe a passar estupendamente a barreira dos corenta-e-algo, idade pericolosa como poucas ;)
Teño que pasar con máis frecuencia polos blogs. Parabéns atrasados, señor Kaplan, e desculpe a demora.
Permíteme que te felicite, a pesar del retraso. Y que te quede más cuerda que a Kennedy, porl diós.
O dito, tarde e mal, en fin, xa abandonou a idade perfecta para un home, pero non se preocupe, a idade perfecta + 1, non deixa de ser o máis parecido á perfección.
Que lle vou dicir? Que fixo ben en non me gardar o anaco de torta, a estas alturas xa non había de estar tan rica.
Parabéns superrrrrrrrrrrrrrratrasados.
Publicar un comentario