sábado, 16 de xullo de 2005

Spider


Tal è o nome do ciber en que entrei para postear: Estou en Dublin e advirto que o teclado è inglès, como se deduce da presenza no texto do acento grave. Talvez por algunhas outras disfunciòns gràficas poderà deducir-se que hai pouco saìn dun pub: para dar asimilado a infame inxesta dun kebab adquirido nun posto ambulante botei ao lombo duas pintas de Guinnes; a primeira por necesidade, como digo, a segunda por simple e lex'itimo pracer.
Confeso, ademais, que tomei o ru'in alimento m'ais que por ser hora de xantar, por tratar de atenuar os efectos dunha visita pr'evia 'a destileria de Jameson: apenas dous grolos (ben, pode que fose algun m'ais) na degustaci'on, que me fulminaron o est'omago case vacio a aquela hora (meiodia) e boa parte das neuronas.
En canto saia de aqui irei na procura do rio: lendo 'a sua beira atinxirei o serao; prometo cear como Deus manda, beber con moderaci'on, e cumprir a minha d'eveda con Vapin.
Manh'a deixo esta cidade.

2 comentarios:

Plattdorf dixo...

Non, é que hai veces que non é nada bo comer un döner co estómago baleiro. ;-)
Páseo ben.

Nona dixo...

Meu pobre, vas volver cunha úlcera. Ti busca os sitios de pizza e non tomes nada de fritanga...se podes. Polo menos aí estás ao fresquiño, que aquí vai un calor bárbaro.