Paso o finde da Páscua concentrado en árduos lavores contemplativos, sendo asi que:
Venres Santo: suturo a ponto de cruz, minuciosa e pacientemente (por canto tempo?) un corazón profusamente esbortelado.
Sábado de Glória: novamente só no meu tobo, chega como unha benzón a adiada convocatória, e xunto a Ti e Tere Holmes devoro cocido suficiente para un batallón, bebo, fumo, e até traio para a casa como trofeu un estupendo vaso de cervexa. Cantan os paxariños nas árvores e asoma xa o dia cando me dou metido na cama; iso si, o mundo parece máis razoável despois do que se falou naquela mesa.
Domingo de Resurrección: Declino amavelmente a invitación para xantar na casa dos meus pais, pero por contra a resaca non apaga un pulo que nasce no meu interior como unha fonte, e ao longo da mañá paso a aspiradora por toda a casa, frego os baños, poño unha lavadora, limpo o pó do meu cuarto, recollo a roupa fosilizada hai dias nos arames, e paso o ferro a seis camisas (seis!) e un pantalón antes de que tan homérico furor me venza no sofá, convertido en xangada rumo ao serao.
3 comentarios:
En fin, la odisea
Linda maneira de tratar a resaca. ;)
Tudo digno de uma "semana santa"... ficaste, de certeza, santificado!!!!
Abração
Publicar un comentario