luns, 8 de maio de 2006

Paranoia

Tere Holmes sabe desta blog e, cando lle cambiei o enderezo, non parou até dar de novo con ela.
Nona tamén sabe máis de Ithaca que dos mundos de Yuppi.
Alícia deu con ela e, sixilosamente, vén espreitando cada post desde hai meses.
Vapin sabe que esta blog existe pero (mira ti) ten avariado o módem e di que cansou de ler cousas miñas, que prefire que llas conte tomando unha cervexa.
Polis le no xornal (casualmente) o que é unha blog e falta-lle tempo para contar-mo.
Ti anda a pensar estes dias en comprar un portátil.
Empezo a crer, mercé aos bons ofícios dalguns comentaristas, se non haverá un compló dos meus amigos e parentes para ocultar-me que coñecen a existéncia desta blog.

Por que, senón, a miña filla está aprendendo a ler precisamente agora, pregunto.

6 comentarios:

i.a. dixo...

ai, si, teoria da conspiraçom XD

Peke dixo...

E se saben do blog, que pasa? Vostede non faga caso desas cousas.

Marinha de Allegue dixo...

Pois é unha ledicia que saiban do blog e poidan disfrutar del, non si??.

Unha aperta.
;)

Plattdorf dixo...

XD

Nona dixo...

Ui, pode pasar de todo, non coñecedes o percal.
Oes, que "A noiva vestida de azul" é unha cousa na que estou traballando, quedei de pedra cando lin o teu post.
E para finalizar, que Ali o pasou moi ben na voda (ainda botamos unhas risas coas fotos e cos teus posts). Que di que eres moi boa compaña mesmo cando non estás de boas (sic) e non digo máis que logo me zurra se me paso largando.

Moraima dixo...

House para de xirar o bastón!

Ogallá tantos amigos a descubrir o teu blog non boten por terra o ton e o contido.

House, a consulta!