martes, 2 de maio de 2006

Complicación

Onte, despois de perseguir manifas polo centro de Ithaca lamentando a desunión sindical, despois desbotar a duns e outros, e atopar porfin os nosos, unha chamada ao móbil corta o espazo entre a Internacional e o Hino.
Afasto-me para que co rumor de pinos e altas copas escoe no meu ouvido a voz inzada de interferéncias de Alícia; tapo unha orella, bato cun tipo que leva unha bandeira, dou voltas arredor de min mesmo, cravo na trasorella a pata da gafa, todo para escuitar que Sábado xa non irei só á boda, que xa non poderei pasear a miña elegáncia desgravatada entre os lamés e organdís das invitadas nen camaradear ostentosamente cun puro nos lábios na bebedeira dos invitados.
Cando porfin me xunto coa miña filla no fogar de Breogán vou maldicendo dun imbécil que, por saltar un semáforo, acaba instalando de copiloto no asento do meu coche a unha muller que preferiria ir á boda coa cabeza afeitada antes que viaxar comigo.
Que máis pode saír mal nesta boda malfadada? Que alguén roube as alianzas, que haxa salmonela no banquete, que un dos contraentes non apareza?
...de Bre-o-gáaan!

7 comentarios:

i.a. dixo...

mesmo dava para um filme, e mais nom se apure mr. kaplan, seguro que vale todo para botar umhas risas (aquando se passe) ;-)

Peke dixo...

Pero será un momento, non? Na voda sempre poderá facer mutis e mesturarse con outra xente.

alicia dixo...

Querido, ¿esqueciches que leo o teu blog? Sinto arruinarche a festa, pero o certo é que non prefiro que me rapen ao cero que ir contigo de voda. Por desgracia, divírtesme demasiado.

Alicia dixo...

Por se tes curiosidade, din co teu blog aos dous días de cambiarte de enderezo. Pero gárdoche os secretos. Pola conta que me ten.

fisiologus dixo...

lo de tus espías blogófilos es muy fuerte kaplan. Miedo me da pensar...

Arin dixo...

Ten razón fisiologus: é para andar paranoico ou ter moita prudencia co que se di. Teña pacienciencia.

Kaplan dixo...

alicia, agradezo as tuas cariñosas palavras e a tua sixilosa fidelidade a este blog: se che parece, deixamos as confidenciamos para o traxecto e o banquete (se os comensais foren aburridos); espero bailará comigo polo menos un pasodobre. xa te chamo mañá para concretar hora de saída.