domingo, 7 de maio de 2006

Mortadelo

Disque dunha boda sai outra boda, e eu coñezo polo menos unha da que saíu un divórcio; que sairá da boda de onte é algo que o tempo se encargará de aclarar.
Como na máis delirante alucinación, Alícia atopou unha alma xémea en Mortadelo, un antigo noivo, longarelas, gafotas e divorciado, e desde que se atoparon ás portas do Concello xa non se separaron, nen no banquete nen no bailongo posterior.
Nen no que houvese posterior ao bailongo posterior, cando Alícia se me achegou, alisando a saia champagne e recolocando o escote palavra de honor, para dicer-me que ían a un sítio máis tranquilo, que o estava a pasar bárbaro, e que case quedava. Xa me apañarei mañá para volver, a ver, un biquiño. Mortadelo, desde a porta, dicia-me adeus coa mao.
E eu, deste lado do espello, ainda dei unhas chupadas ao puro antes de regresar, perplexo, a Ithaca.

4 comentarios:

tere holmes(aunque menos) dixo...

Me siento humillada. Otra que sabe que eres tú el de esta blog y yo que me creía la Reina del Mambo.. Vale, cuando la encontré fue de casualidad y te reconocí por lo que contabas pero la segunda vez fue una dura busqueda porque no me creía nada de las milongas que me contabas de que había desaparecido todo, que debía ser problema del servidor, etc.
¿Estás seguro que Vapin no sabe nada? ¿Y los otros? Supón que lo saben y no dicen nada como Ali...
Aunque ahora no hay quien te reconozca, la última vez que te vi ya eras la mitad y me llegan rumores de que sigues adelgazando, lo que no te vendrá mal por si tienes que salir volando...

tgdbcqva dixo...

Creo que la cosa está clara: tú le haces demasiada gracia, y Mortadelo se la llevó al huerto. Perdona, pero no te merece.

bueno dixo...

Eu tenho andado tão desaparecido, que me envergonho. Não tenho tido muita vontade de passear por esse mundo virtual. Talvez seja o verao, que gloriosamente desaponta no horizonte despertando uma sede que estava apagada. Mesmo que eu nao apareça muito, querido Kaplan, você mora no meu coração. Um dia ainda vamos nos ver!

Veloso dixo...

Que bo, Kaplan, non sei se estarás de acordo, pero a min paréceme divertidísima a historia deste casamento. Na miña promoción tamén tiñamos unha Carolina Michaelis, por certo; por desgraza, non contabamos con ningún Mortadelo. Un saúdo.