xoves, 4 de maio de 2006

Facturas

Que unha aluna miña vaia compor a luxación nun ombro a un cachirulo pareceu-me un anacronismo en consoáncia co elevado índice de pitecántropos que povoan aquelas aulas; pero que o cachirulo en cuestión emita un xustificante para a falta da devantida resulta, máis do que sorprendente, cunqueiriano.
E ali ficou, sobre a mesa do departamento,unha cuartilla escrita na letra picuda e torpe de quen aprendeu mal hai muitos anos e non ten costume de escrever; na asinatura (omito o nome por non lle facer máis publicidade desde aqui): C.R.D. Componedor de huesos y facturas.
(Non hai errata, o que di é facturas).

7 comentarios:

Tongzhi dixo...

Eu tenho ainda alguma dificuldade em perceber tudo o que escreves. Mas facturas quer dizer o mesmo que cá? Seria, portanto, fracturas

Cesare dixo...

Que extraordinario post...
Por que non escaneas a nota?

folerpa dixo...

Fomidábel, e digno dos outros feirantes de Cunqueiro. Concordo con Cesare, escanea a nota.

arrigadeira dixo...

moi boa ;P mi má eu estudando pa mestra , medo me dá o que podo atopar

Arín dixo...

A min recordoume efectivamentee o da "provedora de lunares del Rei de Portugal", ese conto impagable do impagable Cunqueiro

Morgana dixo...

Meu Deus: estoy atónita! pero esas cosas pasan? A ver si pones el papel y lo vemos

Moraima dixo...

Achégome a hoxe, é a mesma sensación que cando entras no último capítulo dun libro do que gostas moito.