![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/mc_croissants_bua.jpg)
Por fortuna comprara tres.
Polis non estava só; mentres mo conta na cociña rebuscando cuncas limpas polos armários e cargando a cafeteira, sentimos que se abre a porta do dormitório-zen, e un mozote escuálido aparece en slip na porta preguntando onde está o baño. Estás seguro de que este acabou a ESO? pregunto, e recomendo-lle que antes de que marche se asegure de que fixo os deveres; por iso non te preocupes, se eu che contara, e pon-se a contar, desvergoñado como sempre, mentres devora un corno de cruasán.
Cando o mozote volve á cociña está xa duchado e vestido, e con meio bote de fixador no pelo. Polis insiste en que tome algo antes de marchar; en bata e chinelas, Polis ten aparéncia de mamá.
A resposta del é óbvia: Tomarei un colacao, se hai.
5 comentarios:
Bueno, la vida sigue... y a rey muerto, rey puesto, ya se sabe.
E a vostede nunca lle dixeron que se debe chamar antes? ;-)
Son cousas que pasan...
Unha aperta.
:)
O Polis parece saber viver bem a vida...
Por primeira vez non concordo co Claudio, alégrome de que o Polis conte con Kaplan.
Publicar un comentario