sábado, 27 de maio de 2006

Trio

Levo algun tempo pensando ofrecer a Polis unha mascota: un siamés de ollos azuis que reine maxestuosamente no dormitório-zen e no resto dos espazos da casa renovada, un cadeliño, menos impetuoso que a Lula, para que obrigue o amo a dar longas camiñadas polo parque, mesmo unha tartaruga á imaxe da RickyMartin da miña sobriña.
Descubro que a idea é recíproca cando Polis me ofrece compartir a sua mascota, o mozancón engominado do colacao, tras argallaren os dous montar un trio para este finde.
Tampouco ía ser a primeira vez, argumenta Polis; certamente non o seria, pero digo non. Ademais de ter comigo a miña filla, non estou con ánimo de que bailemos nós xa todos tres, ai amigos, so nengunha avelaneira florida.

4 comentarios:

nona dixo...

Ai, non, unha Lula como a miña non vale para calquera. Hai que ser capaz de certa (moita) laxitude na hixiene e na limpeza. Polo demáis, os bassett hound son cans marabillosos: con moito carácter pero cariñosos, xoguetóns pero pacíficos, activos pero non destrozones... E cando crías un, namóraste deles para sempre.

Moraima dixo...

Xa non me podo demorar máis, xa apuntei o enderezo no bloc de notas do meu correo de yahoo, aí onde podo anotar o que non quero que ninguén vexa.
Pregúntome se verás os comentarios ou se o programa só che ensina os comentarios da páxina actual.
Malditas obrigas, maldito domingo á noite, maldito luns mañá... a túa desgana deses meses de 2004 e 2005 animoume e meteume ganas de poñerme as pilas.
Hei volver.

bueno dixo...

Será que entendí isso direito?!?

Moraima dixo...

Xa lle dei a volta ao seu blog señor Kaplan.
:-(