martes, 30 de maio de 2006

Catro

Aceitando o reto de Neofisiologus, fago acto de contrición nesta tarde ventosa e morriñenta, e respondo o cuestionário da seguinte maneira:
Catro cousas que máis como:
a) Queixo, preferivelmente curado.
b) Olivas, de todo tipo e condición.
c) Caramelos de crema, naturalmente sen azúcar.
d) Mazás, e ultimamente (desde que abandonei a estúpida culler), kiwis.
Catro recantos únicos para pasear:
a) O adarve da muralla de Ithaca.
b) O Xardin Inglés de Munich.
c) As ruas de Roma.
d) Unha carvalleira, un faial, un souto de castiñeiros.
Catro cafés que tomaria:
a) O primeiro de cada dia, o que me pon a andar pola mañá.
b) Unha bica cheia e un palmier recheado, con Teo e Polis, nalgunha terraza do Rossio.
c) Un carajillo ao saír do cine, con amigos, unha noite de inverno.
d) O que veño de tomar con Zara (iso si, con menos dúvidas a nadar na escuma).
Catro cousas que máis uso:
a) O portátil.
b) O isqueiro e os ducados (certo de que tal fidelidade acabará comigo).
c) Unha axenda pequena que me guia pola selva de dias e horas, sen a que non poderia viver.
d) Esta mesma bitácora.

Por último, añadiria catro persoas para que tamén resposten este cuestionário, advertindo-lles que por facé-lo non entrarán no sorteo de nengun coche ou apartamento. Estas persoas son: Nona, Cláudio Bueno, Tere Holmes e Moraima (recén chegada a estas praias, ben-vinda).

6 comentarios:

Moraima dixo...

Voltaches e liches, mais eu hoxe aínda non podo.
:-(

bueno dixo...

querido kaplan, i did it.

Moraima dixo...

Grazas polo saúdo ;-)

Acepto o reto, imos aló:

Catro cousas que máis como:
a)leituga (da lisa, que a riza non é o mesmo)
b)ovos (jeje)
c)pan torrado (porque o outro, o bo, a bola riquísima de Carral, me fai perder o xuízo e mo cambia por unha versión en michelíns das curvas de Erves)
d)filetes de porco (de calquera maneira).

Catro recantos únicos para pasear:
a)o tramo da beiramar de Brigantia entre San Roque de Afora e O Portiño
b)a praia de Ares
c)Delfos chovendo
d)a muralla de Ithaca
e)o souto do pazo X
f)Chillida-Leku
(seino, sobran dous, mellor que sobre que que falte, non?).

Catro cafés que tomaría:
a) un carajillo en Delfos no inverno
b) un café en Praga (que xa agarda por min oito anos)
c) un café en Ithaca con K (soñar é bo)
d) un café na cafeta da facultade (por aquilo de non perdela de todo)

Catro cousas que máis uso:
a) O ordenador (para traballar, para entreterme, para coñecer, para fuxir)
b) O móbil (para atopar, para perderme)
c) O bolso (para levar media vida nel)
d) A axenda (para seguir aquí dalgunha maneira)

Moraima dixo...

Tere Holmes descúbrenos o 25 de febreiro que xa publicaches con éxito, sabíao, quen es?

Tere Holmes admítense axudas.

nona dixo...

Xa puxen no meu blog as miñas catro cousas.

X dixo...

É tempo de as cousas mudaren.