venres, 2 de xuño de 2006

Aparcamento

Non sei se está probado que o simple bater de ás dunha bolboreta en Pekín pode causar unha tempestade en Nova York.
Por contra, si podo demostrar que un fulano que aparcou diante da porta do meu garaxe cando eu volvía do traballo creou as tubulencias necesarias para que, dez minutos despois, fose eu multado pola policía municipal en plano centro de Ithaca con 90 eurazos por aparcamento indebido en zona proibida.
Cando terminei de falar co garda, ás 13'33, o banco xa fechara e o aluguer quedou finalmente sen pagar até o Luns.

3 comentarios:

X dixo...

Sr. Kaplan, iso pásalle por utilizar o coche polo centro da cidade, xa sabe, quen move as pernas...e aforra en multas!
:-)

X dixo...

Por certo, que non o puxera aínda, a recén chegada ás praias e mais eu somos a mesma, cuestión de nomes xa ocupados e esas cousas.

morgana dixo...

Vaya, veo que no ha tenido un gran día... No se deje abatir, hombre!