sábado, 3 de xuño de 2006

Habilidades

Pede-me Vapin que lle piratee vários discos con música e pélis; unha vez que me vexo montando un taller clandestino de manta na casa, aproveito e collo no videoclube Brokeback Mountain, que non vira, e empezo a copiar, mui tarde, pasada a meia noite.
Para o meu desencanto, non son capaz, asi que esta mañá teño que tragar o meu orgullo: pido-lle socorro a Vapin e hei de escuitar como paternalmente me chama inútil e abandonado.
Volvo para a casa remoendo, como un neno, na procura de habilidades que eu teño e Vapin non: sei conducir e el non, podo dar unha clase a trinta neanderthais de 3º de ESO e saír indemne e el non, sei facer círculos concéntricos co fume do cigarro e el non, podo enumerar de memória todos os reis e presidentes de Portugal, de Afonso Henriques a hoxe e el non.
Estas son as catro que atopo, e con elas unha evidéncia: que a miña estupidez ás veces é infinita e a del tamén.

6 comentarios:

bueno dixo...

SEmpre que tu descreves os teus amigos (seja qual for), eles se tornam personagens tri-dimensionais interessantíssimas. Pareces ser um bon vivant oor excelencia.

X dixo...

A mellor habilidade de vostedes dous é a de mantérense xuntos en Ithaca.
Agardo saber se gosta ou non dos vaqueiros na montaña, e se for o caso, se dun, se doutro ou se dos dous.

X dixo...

O link a Vitrum non vai.

La queue bleue dixo...

Alegro-me de que Ithaca seja Ithaca e nom umha das outras. Nom a tinha localizado ainda.
Lo sé, lo sé...

Arin dixo...

Eu son quen de mover as duas orellas por turno e nadar 1000 mentros cun brazo atado ao lombo. Alguén ofrece máis?

Plattdorf dixo...

De verdade sabe a lista dos reis lusogodos? :-O