martes, 13 de xuño de 2006

Cine-forum

A tarde presentava-se pouco gratificante: unha humidade case tropical, o ceo de chumbo e ambiente de trevoada, e por diante, a escoller, un cesto de camisas para lles pasar o ferro ou un monte de exames por correxer.
Cando comezava a estar tan farto do ironing que até a perspectiva dos exames se tornava apetecível, aparece con ganas de ducha e de conversa un Polis paladin e liberador: pasea nu por toda a casa antes e despois de se duchar, deixa marcas dos pés mollados nas baldosas do corredor, deixa marcas de máis arriba cando senta sen toalla nunha cadeira da cociña donde o teño que botar, pide a merenda, propón que vexamos algunha peli, investiga polo estúdio.
Vén mostrando en triunfo unha fita de vídeo requetegravada: Testimuña de cargo, que vemos mentres comemos gorentosas cereixas coloradas, os pés sobre a mesiña de cristal, cuspindo as croias no cinceiro.
Pode ser esta unha imaxe da felicidade? Non.
En mala hora comentei que a enfermeira era na vida real a muller do avogado, e que no cine fora a noiva de Frankenstein; desde aquela, o siléncio que só rompian as croias ao caíren no cinceiro acabou. O avogado que tiña ao lado deu en guiar-me polo complexo mundo procesal: que se iso nunca o faria un fiscal, que vaia maneira de interrogar unha testimuña, que iso non se ve máis que no cine... e a tarde converteu-se nun cine-forum mentres ía escurecendo e volvia chover como pola mañá.
Por fortuna, non teño un amigo médico que me veña rebentar as séries.

6 comentarios:

X dixo...

Que envexa! Xa me gustaría a min poder pasar a tarde do luns vendo Testemuña de cargo e a comer cereixas no sofá aínda que tivese que dicirlle un par de veces ao Polis que calase.

Plattdorf dixo...

Cada vez me gusta máis ese tópico do seu blog que consiste na imaxe do cestón cheo de camisas para pasar a ferro.

Será porque me parece exótico. Será que eu non o fago nunca.

X dixo...

Axuda técnica
Como teño que facer para que ao clicar nun link no meu blog se abra o enlace nunha ventá nova e non desapareza a miña.
Thank you x anticipeixon Kaplan.

Arin dixo...

A miña muller é médica: se quere, veña pola casa a ver con nós House, montamos un cineforum na house con House.

Peke dixo...

Co agradable que é ver unha película con xente ben documentada. ;)

La queue bleue dixo...

O pior sem dúvida é vê-las com um tradutor. Inda que sejam autoctones! (as pelis, e os tradutores tb)