![](http://photos1.blogger.com/blogger/2684/701/200/tempo.jpg)
O papeliño do horário abandona xa o taboleiro de cortiza para ir entre salvas de ordenanza á bolsa da reciclaxe.
Os exames correxidos, o caderno de notas, os partes, as listas, esperan que o dia da avaliación os convirta en só papel escrito e rescrito en azul e vermello.
A partir de mañá as aulas, titorias e gardas de pátio, as idas e vindas ao toque feroz do timbre que nos mexava nos ouvidos desde o corredor, os duros combates coa indiferenza, os neanderthais, os dickies duas tallas máis, as berskas duas tallas menos, a partir de mañá, digo, tomarán contornos de recordo.
E eu, exausto, contarei un curso máis.
5 comentarios:
:-)
Boas vacacións, Kaplan.
A descansar. Merecédelo. ;)
Mañana tengo yo también la evaluación, y creo que se figura las ganas que tengo de terminar...
Ai, esa tería sido a minha profesión se todo saíse como estaba pensado. Mais despois da carreira e o doutorado en letras... nada, que acabei de técnico entre os lobos da industria do metal. Porén, unha vez coñecido como anda o ambiente educativo... en fin, que tamén che desexo unhas boas vacacións.
Publicar un comentario