venres, 9 de xuño de 2006

Conferéncias

Mentres van e non van as obras na sua pirámide, Polis prodigou-se estes dias, abouxando-me cos proxectos que lle enchen a cabeciña; Luns pasei pola sua casa, entre o café con Ti e Vapin e o meu exame de inglés, pero os restantes dias da semana foi el quen desembarcou neste tobo ao serao, ou me veu buscar para xantarmos fóra.
Aproveitando que a miña vida está ralentizada ao máximo, Polis monopoliza a conversa e os seus temas das suas conferéncias veñen sendo tres, a saber: o traballo, a sua vida sexual e as obras intermináveis do seu escorial particular.
Deles falamos todos os dias, pero Xoves, xantando unha sabrosa rabada grellada e o consabido tinto, para horror de gourmets, Polis centra-se principalmente na sua cama, ultimamente máis frecuentada do que o vestíbulo dunha terminal; despois do rapaz do colacao, por ela levan pasado un oculista de Delfos, un camareiro arxentino, un repartidor de pizza en horas livres, un erasmus italiano e un funcionário de Pesca (creo que non deixo nengun no tinteiro).
Iso si, eu sigo a ser o ponto de referéncia de Polis (case me atraganto cando llo escuito dicer).

3 comentarios:

X dixo...

Polo que vexo vai resultar que vostede é punto de referencia de moita xente que o rodea.
Moi fermosa a foto da estación.

X dixo...

Si, a rede é demasiado pública, agardo que sexa o último cambio.
;-)

bueno dixo...

Polis está aproveitando a vida! queria eu que minha cama estivesse sendo tão assediada!