venres, 16 de xuño de 2006

Botadura

Hai tan só unhas horas, como quen visita un museu, visitei con Polis o novo cuarto de baño.
Armados con senllas cervexas, pasamos revista aos azulexos branquísimos, á torre de hidromasaxe, ao enorme espello, aos focos halóxenos, á pia encastrada en travertino, ao retrete de asépticas liñas, ao práctico toalleiro térmico...
Nun canto, pero non por iso deixando de ser o buque insígnia daquela estáncia, agardava o urinário imaculado que en poucos segundos, e cos meus desexos de eficácia, fluidez e abundáncia, declarei, coa axuda de Deus, solenemente inaugurado.
Para evitar calquer desgraza ou facilitar-me a tarefa, Polis apresou-se a coller-me o botellin da mao, non fora ser a botadura completa.

11 comentarios:

X dixo...

ha ha ha é a botadura máis divertida da que tiven noticia, enxeñoso, Kaplan, enxeñoso.

Peke dixo...

;)

morgana dixo...

Sí que ha estado bien. Genial Kaplan, me guarda un secreto: hasta he empezado a sentir envidia (sana, claro) del urinario de su amigo Polis. Virginia Woolf hablaba de la habitación propia, ud. parece estar hablando de algo parecido, pero en urinario.
:-)

Marinha de Allegue dixo...

Pinta moi ben o que describes...

Unha aperta.
:)

bueno dixo...

eu gostaria muito de ter uma sal de banho assim.

tere holmes dixo...

ESMELLE QUE NON PODE SER. Os tigres azuis tamén sacan as uñas. "Del toro manso líbreme dios, que del bravo me libro yo". Sabes cómo llaman muchos taxistas de la periferia a Madrid: el PUNTO, porque es el más gordo que se ve en cualquier mapa, jijiji

X dixo...

Esta ben Tere Holmes, serei boíña e xa non acudirei a poderosos argumentos como a alianza feminina, por nada do mundo consentiría que apareceses cunha rabuñadura dun tigre azul [pola miña culpa] :-)
Así que eras ti a do PUNTO? grazas polas visitas ;-)

X dixo...

Tere Holmes, ao mellor sería máis doado conseguir unha fotiña do baño do Polis?
:-D

Plattdorf dixo...

Que gozada!

Tongzhi dixo...

Que bela inauguração!!!!

Laurindinha dixo...

Descríbelo tan ben que parece un templo grego... xD