sábado, 10 de xuño de 2006

Urinário

O segundo tema das conferéncias é o das obras na casa, que, co dormitório, o salón e a cociña terminados, pasaron o ecuador: de momento, o despacho do pai, aquel cuarto lóbrego á vella usanza dos letrados, con móveis de carvallo figurando escenas do Quixote, non será tocado. Pero si o único cuarto de baño da vivenda: esta semana empezan os obreiros a renovación total, e Polis virá aqui a duchar-se.
Novidades, tres: haverá torre de hidromasaxe, desaparece por inútil o bidé, e (ó tempora, ó mores!) ademais do inodoro será tamén instalado un urinário de parede, naturalmente máis moderno e fashion que o de Duchamp.
Tal como o conta parece unha cousa lúdica, como se fose instalar un home-cinema ou un planetário en miniatura no salón; eu, que me sento hai anos, non comprendo a utilidade e o gasto parece-me inecesário: pero Polis, que até a morte de sua mai tamén se sentava, toma agora a revancha.

10 comentarios:

X dixo...

Kaplan, que significa ese tigre azul adoptado por vostede que hai no fondo do blog?

Peke dixo...

Sempre me espantaron eses urinarios. Os dos lugares públicos semellan cheirar fatal.

Plattdorf dixo...

Deus, deus, deus!
Iso, iso é exactamente o que levo eu anos dicindo que vou facer cando teña cartos e oportunidade de renovar o meu propio carto de baño.
Deus, as ganas que teño de deixar de sentarme...

Kaplan dixo...

supoño que eu son coma el: un tigre manso pintado de azul (sen camisiña e sen canesu) ;-)

X dixo...

Xa o di o refrán: Non te fíes dos tigres mansos pintados de azul sen camisiña e sen canesú que se agachan tras das portas para che beliscaren o cu.
Kaplan, Kaplan, por fin teño un can verde acróbata!

bueno dixo...

eu sento e reflito.

Arin dixo...

Cando casei descubrín que era moito máis cómodo sentar, onde vai!

Plattdorf dixo...

Non concordo. Eu sento por iniciativa propia, porque hai moito menos que limpar e son bastante preguizoso, pero de cómodo non ten nada.

tere holmes dixo...

Estoy físicamente muy cansada, mentalmente agotada y nerviosa por esto no respondí a tu lista 4x4 pero cada vez que veo el anuncio de Mercedes pienso que algún día te responderé. Esta mañana me encontré el parabrisas del coche destrozado supongo que por una litrona ya que había varias tiradas alrededor. Vandalismo puro. No puedo más, necesito ir a Ithaca.Iré por San Xoan (voy el 24 y vuelvo el 25 totalmente catatónica) así que prepara algo sonado para esa noche. Si te toca niña la dejas con su abuela…¡¡necesito algo salvaje!!!
MORAIMA, sinto moito pero no puedo revelar la identidad de Kaplan ¡¡mi integridad física correría serio peligro!!!

X dixo...

Tere Holmes parece mentira, ademais, xa sabes, Kaplan é un tigre manso pintado de azul sen camisiña e sen canesú.

PD: No meu perfil aparece o meu correo e...son coma unha tumba ;-)