xoves, 15 de xuño de 2006

Teste

Aceito a amável invitación da autora de Selva de Esmelle para responder ao cuestionário do seu blog, pero, como non quero dar de todo o brazo a torcer, responderei de forma negativa, a ver como resulta...
O que non sería eu se tivese sido...
* ... un mes: Agosto, coa calor implacável e esa sensación de que o mundo está a acabar.
* ... un dia da semana: Domingo (principalmente pola tarde).
* ... un momento do día: a hora de ir para a cama.
* ... un planeta: o planeta Agostini e as suas promocións absurdas adaptadas á ESO.
* ... un animal: calquer insecto ou arácnido.
* ... un móvel: unha desas estrañas mesiñas para o teléfono.
* ... unha bebida: a sangria (detesto-a) ou o cóctel de cava das bodas.
* ... un instrumento musical: o acordeón e a botella de anis rañada cun coitelo.
* ... unha froita: as mazás asadas (pobres, sen seren unha cousa nen outra).
* ... unha canción: Paquiño o chiculateiro.
* ... unha matéria: o metracrilato (sobretodo nos móveis).
* ... unha parte do corpo: un sobaco (unha axila, talvez).
* ... un obxecto: o 90% dos que se venden nun todo-a-cen.
* ... unha comida: calquer víscera cociñada, empezando polos sesos.
* ... un personaxe animado: sen dúvida Bob Esponxa, ese enxendro.
* ... un número: o 1, nunca, para que?
* ... un coche: un testarosa.
* ... unha cidade: Veneza, ese postal.
* ... unha dor: a dor de moas.
* ... un mar: o da Tranquilidade (demasiado enxoito e solitário).
* ... un idioma: o esperanto.
* ... unha flor: a couve (flor).
* ... unha cor: rosa.
* ... un verbo: abandonar, e os seus sinónimos.
* ... unha estación do ano: o Estio.
* ... unha prenda de vestir: un pixama (hai quen di que serven para deitar-se vestido).
* ... un libro: muitos, pero por seguir a moda o Código da Vinci.
* ... un país: calquer país musulmán, empezando polo Irán.
* ... un lugar: un campo de golf.
* ... un deporte: todos os que requiran altas doses de suor e testosterona.
* ... unha película: obviedades á parte, as de Almodóvar (vista unha, vistas todas).
* ... unha marca: Swarovski.
* ... unha série: Pratos combinados (devo acostumar-me: eu no asilo e seguirá en antena).
* ... unha páxina web: a do principal partido da oposición.
* ... un sabor: o das espinacas.
* ... un signo do zodíaco: Escorpión (o meu), un signo de pronóstico.
* ... un perfume: pachuli.

5 comentarios:

X dixo...

House nunca pode facer o que lle mandan?
Admítoo, quedou divertido tamén en versión negativa.
O outro non era iso. Vexamos, se vostede está no seu blog e clica en Selva de Esmelle ábrese unha nova ventá co meu blog, mais se vostede está no meu blog e clica en Robinson en Ithaca aparece o seu blog na mesma ventá onde estaba o meu e o meu desaparece, entende? E eu quero saber como facer para que o meu se comporte como o seu jajaja
o link, xa sabe vostede
Grazas Kaplan.

nona dixo...

Que non te enteras, corazón, que Pratos Combinados xa desapareceu de antena, xa non se van facer máis.

Plattdorf dixo...

É escorpión...?
Caramba, caramba...

Kaplan dixo...

xa ve, plattdorf, nascin paradoxicamente arácnido

X dixo...

Fermoso e forte.