Papá, ti sabias que Duarte era negro?
Hai dous anos que son compañeiros de aula, e só agora, cando ouviu que outros nenos usavan a cor da pel del como insulto, a miña filla reparou en que o seu amigo non é branco.
Seguirán sendo amigos, sen dúvida, pero no mundo alguén xa comezou a erguer outra parede.
3 comentarios:
Que duro ter que descubrir que Duarte é negro!
Será que ele vai roubar-lhe o mobil? ei, estou só brincando...
Cando tiña uns tres anos o pelacho púxose a berrar ao ver un cativo negro da súa idade: -Mira, es, es, es... marrón! e ficou sorprendidísimo cando lle dixemos que en moitas partes do mundo a maioría da xente tiña a pel desa cor.
Publicar un comentario