En dias asi (35º no termómetro da rua, ceo cuberto, bochorno, luz cegadora, o lombo pegado ao asento, o coche convertido en grella), un lembra incrédulo os dias do Inverno en que coas maos frias houvo de rascar o vidro conxelado.
No asento ao lado, de regreso do traballo, I. fai-me prometer que mañá iremos no seu coche: leva semanas facendo prácticas co novo coche, e porfin chegou o dia D. Non terás medo? Eu son incombustível. Verás como non nos pasa nada: nunca subo de cuarta!
3 comentarios:
Ummm...Kaplan, esos xeos, tan frescos...tan cóncavo o un, tan convexo o outro, tan derreténdose os dous...
Desculpe Kaplan, antes esquecín este pequeno detalle para que poida durmir máis tranquilo:
http://elmundomotor.elmundo.es/elmundomotor/especiales/2001/03/seguridad/crashtest/citroenc3_pluriel/citroenc3_pluriel.html
:-)
I. acabou de tirar a carta para condeuzir?
Publicar un comentario