Efectivamente: as sospeitas de todos e os estraños comportamentos dos dous nestas últimas semanas resultaron confirmados, e é xa un feito que Vapin e Estridente empezaron a saír.
Desde logo, non houvo comunicado oficial: conta-me Ti que os descobriu a noite do seu cumpreanos morreando no local en que tomáramos as copas, diso hai catro dias, e que a Vapin só lle faltou dicer isto non é o que parece, mentres Estridente facia por limpar-lle o carmin da cara cun klinex.
Daquela eu xa marchara: era tan tarde que da festa xa só quedavan rescaldos que a hora e o dilúvio apagavan por momentos; segundo Ti, seria imposível non os ver, que non os vise cando saín á rua, pero asi foi, e a primeira notícia da nova parella chega-me de lábios de Ti, rideira e pícara, que até me fai xurar que eu non sabia nada de toda esta história.
Cando entra Vapin no café e lle dou os parabéns, efusivamente pero sen dar o motivo, mira para min con ollos de peixe e ainda pregunta por que o felicito, mentres lle sacudo a mao con ese viril entusiasmo que acai tan ben nestas ocasións.

9 comentarios:
:(
Interesante elección de imaxe, Kaplan.
Ya sé que nunca se puede decir, pero lo cierto es que no me pegan nada esos dos, ud perdone.
Interesante y perturbadora imagen, diria yo
Eu diría que xa vin esa imaxe, ou outra moi semellante, é máis, creo que a vin neste blog, pero non me atrevería a afirmalo. Pode ser?
pode: ao amor sempre lle vai ben chagall
Estaba confundida.
Graciñas polo comentario.
visita n.º1
Q forte!!!Xa te contarei o que falamos a noite que nos botaste da túa casa...
Publicar un comentario