luns, 2 de outubro de 2006

Bookcrossing

Da solta masiva de livros para o bookcrossing de onte, e despois de rifar cun velliño intolerante que parecia clonado da xeración Nós, volvo para a casa coa miña filla, cun livro de Mendicutti, co livro que colleu ela, e tamén cun problema: a miña filla non está disposta a liberar nengun livro, por muito que o teña lido.
Algo haverá que facer, claro; talvez funcione a hipnose.
De todos xeitos, considero que unha liberación masiva como a deste finde vai contra o mesmo espírito do bookcrossing e as razóns ocultas, soterradas, secretas do que solta un livro á espera, non de estender a leitura, senón de que faga mundo, e de mao en mao, de leitor en leitor, dea cun acubillo definitivo ou acabe retornando acaso á mao primixénia.
Sen pedagoxia, por aventura.
Como este mesmo blog.

3 comentarios:

X dixo...

Que ande mundo e acabe retornando á man primixenia, por aventura, desde logo unha boa forma de dar e recibir, coma no blog.

Arín dixo...

Quere crer que eu pasei diante da Casa do Concello de Ithaca o domingo ó mediodia? Pode incluso que nos cruzaramos na Praza...

tereholmes dixo...

O de F.G.Los... é porque son hipotensa pero estou "quitándome" en pos da Coca-cola misturada con café. Sabes por experiencia que os meus despertares non son tan ledos como os teus. O millor é o crossing entre amigos. O crossing book digo... Algún día cambiarei a miña opinión sobre 2666.