mércores, 4 de outubro de 2006

Boicot

Atopo na Selva de Esmelle un dos socorridos cuestionarios que enchen os blogs en épocas de vacas fracas, e para evitar o boicot de X, á vista dos retrasos nas últimas actualizacións, enumero aquí e agora (coma un neno boíño) os meus cinco boicots, a saber:
1. Adoito cambiar de canle cando aparecen na tele eses estúpidos anuncios de produtos narcotizantes, desodorantes á testosterona e limpadores procedentes ou non do futuro.
2. Non admito que me atendan nun comercio mentres o dependente segue a falar polo móbil. Por este motivo non volverei entrar no estanco de San Domingos en Ithaca; lástima ter deixado de fumar e de escribir cartas.
3. Nunca escriibín neste blog os nomes de certos seres vivos, entre eles os dos anteriores Presidentes da Xunta e do Goberno Central. Creo que iso, máis do que un boicot, pode considerarse decencia, hixiene e até patriotismo; o que vós decidades estará ben.
4. Non acepto drogas: non confío nen admito quen as usa, quen as desculpa, quen as reparte, quen as comparte, quen se enriquece con elas. Definitivamente, esa raia marca o boicot.
5. Aquel xornal e aquela emisora de radio: se ben a Tere Holmes a poñen a andar os seus tertulianos cada mañá, a min co ácido bórico córtaseme o leite do almorzo, as torradas quéimanse, agríase o zume no vaso, e o estómago non o soporta.

3 comentarios:

X dixo...

Xa me me parecía a min raro que vostede non levase a cabo boicots privados, así me gusta, pórteseme ben :P

arin dixo...

Cando era rapaz tiven boicoteada a cocacola e as hamburguesas; co paso dos anos funme facendo indulxente...

Anonymous dixo...

o boicot nunca repercute no dono da explotación senon nos explotados.
e moi facil falar pero de que vale boicotear nada, se iso repercute negativamente na tua economia y a repercusión e minimalista;
En fin eu tamen crin no forza do pobo algun dia, mais hoxe teño a certeza de que a unica forza reside no individuo, e a suma de individuos nunca formara un pobo. Estamos moi ocupados en ser egoistas como para poder ver o ben comun