sábado, 28 de outubro de 2006

Dias

Cando faltan poucos dias para os 41, o primeiro postal fai estragos baixo a liña de frotación: a casa Guinness-Murphys's felicita-me, pregunta-me que ten de malo cumprir anos, e suxere-me que é a ocasión perfeita para aumentar-lles os benefícios.
O que non sei é como obtiveron os dados, ainda que teño as miñas sospeitas.

Estraños dias estes, dourados por fóra e grises por dentro, como a própia melancolia.

7 comentarios:

Mrs.Doyle dixo...

Agardo que leve mellor ca min o tema de cumplir anos...
Odio ese día. Este ano pecheime na miña casa, apaguei os teléfonos e mantiven a miña mente ocupada para non pensar...
Dende que teño uso de razón odio ese día, cando era unha nena non quería festas nin regalos nin nada... Só que fora un día normal.

X dixo...

Así non hai dereito, eses das cervexas non poden adiantarse dúas semanas así como así grrrrrrrrrrrr
Non me veñan con parvadas de pobriños de nós que nos facemos vellos, pensen que a outra opción é peor.
Non sei a que espera para poñerse a pintar os días de cores, non?
PD: Alégrame confirmar a miña sospeita de que son X ANOS máis nova ca vostede :P

Tongzhi dixo...

Pior que o modo como "descobriram", é darem os parabéns antecipados. Palavra que desto. Mas afinal em que dia fazes anos?

Arin dixo...

Desengánese, meu, vostede tamén está globalizado. Por outro lado, tamén eu estou intrigado: que dia é finalmente o do seu aniversário? eu son daquela un ano e pouco máis vello que vde.; non se preocupe que o agardarei ;-)

La queue bleue dixo...

41 só?!
Caramba...

Anonymous dixo...

Efectivamente adiantóuse vostede un pouquiño; o igual que os cervexeiros. ¿Chegoulle a do Corte Inglés? ¿non?... pois agarde por ela

willy dixo...

a mín sempre me felicitan xusto no día os de seguros génesis; a guinda surrealista para semellante día