mércores, 18 de outubro de 2006

Liberación

Esta mesma tarde, aproximadamente ás 18'30, liberei o livro de Mendicutti, perfectamente envolto nunha bolsa de plástico transparente.
O lugar da liberación, o adarve da muralla de Ithaca, en concreto unha das xanelas da Mosqueira. É certo que chovia muito (asi me puxen, que non levava paraugas), pero o livro ía ben protexido na sua funda.
Por outro lado, confeso (ainda que non sexa un procedemento mui ortodoxo) que quedei axexando na distáncia, e puiden ver que unha parella se achegava e collia o livro. Daquela dei volta e marchei; non sei, portanto, se levaron o livro ou non.
Pero xa non é asunto meu.

8 comentarios:

Arin dixo...

Vaia. Eu creo que debería ter colgado primeiro o post e despois deixar o libro. :-(

Laurindinha dixo...

Confeso que só unha vez vin un libro liberado... Era un libro en francés de André Breton e chegou ás mans dun dos meus amigos máis frikis... Supoño que os libros escollen quen os libere... ;)

X dixo...

Kaplan, sabe ben que iso non se debe facer, aínda que desta volta teremos que perdoarlle o seu pecadiño.

Tongzhi dixo...

É uma iniciativa engraçada. Confesso que faria o mesmo que tu. À distancia tentaria ver que destino o livro teria!

X dixo...

Desapareceu vostede?

Mrs.Doyle dixo...

¿Bookcrossing en Lugo?

Morgana dixo...

Señor Kaplan: lleva ud. off-side una semana; nunca ha estado tanto sin postear... espero que no le haya pasado nada malo.

sara jess dixo...

eu deixaría O deserto dos tártaros, para que o leras ti.